CRÓNICA #OKLiga | O noveno triunfo seguido chega en Madrid (1-3)

CRÓNICA #OKLiga | O noveno triunfo seguido chega en Madrid (1-3)

31 de xaneiro de 2026


O Liceo continúa a súa excelente racha ó vencer en Rivas e continuar na cabeza da táboa.

Son xa nove consecutivas as alegrías colleitadas polo Liceo na OK Liga. A última chegou no Polideportivo Cerro do Telégrafo, fogar dun Rivas que botou cara pero que non logrou evitar un novo éxito do equipo de Juan Copa. Un que acumula 41 puntos e se coloca na primeira posición, a falta do que faga o Igualada (38) este domingo.

Dentro dun xogo trabado, o Liceo debeu picar pedra para sacar algo positivo da súa visita a Madrid. Impuxo unha gran resistencia o anfitrión a pesar da gran diferenza clasificatoria, e só un golazo lonxano de Nuno Paiva pola escadra puido abrir a porta dos goles. Polo menos os de cor verdibranca. De todos modos, ese tanto inicial foi rápidamente correspondido polo Rivas: Curro Fernández, tras recibir desde detrás da portería de Blai Roca, logrou o empate cunha acción de habilidade.

Un canonazo para abrir camiño

As boas novas definitivas empezaron a chegar da man de César Carballeira. O dorsal 5 do Liceo, cun disparo marca da casa, deulle á bóla unha velocidade endiablada para que só se detivera ó tocar a rede do meta Marc Castañer. Gol ademais psicolóxico, xa que foi unha realidade cando só quedaba un minuto de primeiro acto.

O gol psicolóxico anotado por César foi chave para o devir do partido

Aínda que o cadro madrileño non terminou de baixar os brazos, o certo é que durante a segunda parte o Liceo contou con varias oportunidades para pechar a vitoria. Non a aproveitou Arnau Xaus coa súa directa, ó acumular o Rivas dez infraccións, pero si Toni Pérez nun man a man. Corría o minuto 39 cando o partido xa decidiu o seu dono.

Logrado xa o éxito, os de Juan Copa afrontarán esta semana dúas grandes probas ante Benfica (xoves 5, WSE Champions League) e Barcelona (domingo 8, OK Liga).

FICHA TÉCNICA

HOCKEY RIVAS: Marc Castañer; Javier Verdú, Iñigo Artacho, Curro Fernández, Sergio Martín (quinteto inicial), Gerard Escolà, David Sánchez, Pablo del Río, Adrián Pos e Rodrigo Ruiz (meta suplente).

LICEO: Blai Roca; Arnau Xaus, César Carballeira, Dava Torres, Toni Pérez (quinteto inicial), Nil Cervera, Jacobo Copa, Nuno Paiva, Fran Torres e Martín Rodríguez (meta suplente).

ÁRBITROS: Raúl Manotas e Albert Barba. Mostraron cartón amarelo a Curro Fernández, Sergio Martín (ambos do Rivas) e Dava Torres (Liceo).

GOLES: 0-1 (Nuno Paiva, min. 11). 1-1 (Curro Fernández, min. 13). 1-2 (César Carballeira, min. 24). 1-3 (Toni Pérez, min. 39).

RECINTO E INCIDENCIAS: OK Liga 25/26, Xornada 16 da Fase Regular. Polideportivo Cerro do Telégrafo (Madrid).