CRÓNICA | Empate en Noia (5-5)

CRÓNICA | Empate en Noia (5-5)

Imaxe: HOCKEY GLOBAL.

Despedida do ano con empate contra un Noia que non puxo as cousas sinxelas. A pesar de non deixar Cataluña con tres puntos máis, 2021 rematará co Deportivo Liceo no segundo posto da OK Liga. 29 puntos de 36 posibles e máis que vivo na loita polo liderado.

O partido foi unha batalla. Ida e volta constante que logrou romper o conxunto verdibranco (cos regresos de Martín e César) grazas a Àlex Rodríguez, que batiu a Roca tras unha xogada individual desde pista propia. El mesmo repetiu tres minutos despois para colocar o 0-2.

Do posible 0-3 ó 1-2. O Noia non se deu por vencido, sobreviviu a unha directa e anotou a súa propia mediante Mitjans. A acción xa rozaba o caos. Marc Grau encargouse de que beneficiara ós intereses coruñeses cando marcou dous tantos en cuestión de segundos.

Un duro rival

Os anfitrións aínda tiñan cousas que dicir. Tras quince minutos de guerra, empataron grazas ó propio Mitjans despois dun penalti e unha falta directa. Póquer a bóla parada. A loita continuou e Àlex Rodríguez colocou o 4-5 a falta dun minuto, pero o local igualou de novo. Así rematou.

Finiquitada esta complicada proba, Juan Copa e os seus xogadores gozarán dun merecido receso. A acción regresará o oitavo día do novo ano.

FICHA TÉCNICA

NOIA: Blai Roca; Xavi Costa, Toni Salvadó, Alex Joseph, Eloi Mitjans (quinteto inicial), Aleix Esteller, Gerard Monserrat, Guillem Monserrat e Adrià Ballart.

DEPORTIVO LICEO: Carles Grau; Dava Torres, Àlex Rodríguez, Jordi Adroher, Roberto Di Benedetto (quinteto inicial), Marc Grau, Nanu Castro e César Carballeira.

ÁRBITROS: Villar Costa e Barba Gómez-Álvarez. Mostraron cartón azul ós locais Aleix Esteller e Toni Salvadó, este último por partida dobre. No Deportivo Liceo viuna Marc Grau.

GOLES: 0-1 (Àlex Rodríguez, min. 8). 0-2 (Àlex Rodríguez, min. 11). 1-2 (Eloi Mitjans, min. 13). 1-3 (Marc Grau, min. 23). 1-4 (Marc Grau, min. 23). 2-4 (Eloi Mitjans, min. 41). 3-4 (Eloi Mitjans, min. 43). 4-4 (Eloi Mitjans, min. 45). 4-5 (Álex Rodríguez, min. 49). 5-5 (Eloi Mitjans, min. 50).

Xornada 12 da OK Liga 21/22. Pavelló Olímpic de l’Ateneu.

Deixa un comentario