29 de novembro de 2025
Un partido excepcional do Liceo serve para sumar de tres por terceira vez consecutiva contra rivais da zona nobre.
Vitoria e é a terceira consecutiva en OK Liga para o Liceo de Juan Copa, que dobregou ó Voltregà primeiro mediante a ofensiva e máis tarde grazas á defensiva e á intelixencia. Tres puntos máis para acumular un total de 23 e colocarse de forma provisional na segunda praza, a falta de coñecer o que faga o Igualada.
Con Jacobo Copa como descarte para cumprir co máximo de dez convocados, o Liceo gustouse. Certo é que non se enfrontaba a un rival fácil, quinto na táboa antes do comezo, pero o acerto ofensivo verdibranco foi incuestionable. Xa avisaron os verdibrancos cun man a man de Bruno Saavedra nada máis asubiar os árbitros, preludio do que estaría por chegar en moi poucos minutos.
Protagonista nese sentido foi sen dúbida Nil Cervera. Seu foi o colosal 1-0 que sorprendeu a rivais e aliados. Recibiu a bóla en pista propia, apuntou e disparou para que o proxectil acabara no fondo da red de Oriol Codony (minuto 5). Riazor reaccionou cun grito de sorpresa e xúbilo. Moi pouco despois, o mesmo dorsal 2 estivo listo para actuar de rematador e enganar de novo ó meta visitante.



Unha primeira parte de dominio incontestable
2-0 parcial e un Voltregà que necesitaba reaccionar, atopándose unha e outra vez cunha sólida defensa e un aínda máis seguro Blai Roca. Non tiveron éxito: Cervera disfrazouse esta vez de asistente para surtir dun gol evidente a Arnau Xaus (3-0, minuto 19). Antes do descanso sumouse tamén Dava Torres, que culminou unha xogada colectiva espectacular (4-0).
Segundo acto de xestión e intelixencia
Tocou entón traballar sobre o andado. Restaban 25 minutos de saber estar e organizar o conseguido, coa importancia da solidez. Blai continuou sendo unha excelente última liña de defensa e, mentres, buscábase calquera risco tomado polos de Ferran López para acabar con todo. Así foi cando Arnau Xaus, a nove minutos para o final, anotou o 5-0.
O arreón final do Voltregà non serviu para nada
Anecdótico foi o último arrinque do Voltregà, que a pesar de marcar o tanto da honra (Armengol) non puido facer nada para sumar. Incluso esa diana foi contrarrestada cunha falta directa transformada por Dava Torres para pechar o 6-1 definitivo do marcador.
Mente xa no seguinte compromiso de OK Liga, que levará ó Liceo á pista do Caldes (sábado 6 de decembro, 20:00h).
FICHA TÉCNICA
LICEO: Blai Roca; Nil Cervera, César Carballeira, Dava Torres, Bruno Saavedra (quinteto inicial), Arnau Xaus, Nuno Paiva, Fran Torres, Toni Pérez e Martín Rodríguez (meta suplente).
VOLTREGÀ: Oriol Codony; Aleix Molas, Gerard Teixidó, Àlex Rodríguez, Arnau Canal (quinteto inicial), Èric Vargas, Marc Jurado, Xavier Armengol, Humbert Serra e Miquel Estrada (meta suplente).
ÁRBITROS: David Cantos Bonales e Oriol Garriga Mas. Mostraron tarxeta azul a Toni Pérez por parte do Liceo.
GOLES: 1-0 (Nil Cervera, min. 5). 2-0 (Nil Cervera, min. 6). 3-0 (Arnau Xaus, min. 19). 4-0 (Dava Torres, min. 25). 5-0 (Arnau Xaus, min. 41). 5-1 (Xavier Armengol, min. 43). 6-1 (Dava Torres, min. 50).
RECINTO E INCIDENCIAS: OK Liga 25/26, Xornada 10 da Fase Regular. Palacio dos Deportes de Riazor.

