CRÓNICA | Empate e gran imaxe (5-5)

CRÓNICA | Empate e gran imaxe (5-5)

Colocar o susto no corpo a todo un Telecable pódese considerar como unha clara demostración de intencións. Iso logrou o Deportivo Liceo na súa terceira proba da OK Liga Feminina. Un empate xusto e realmente traballado para acumular un total de catro puntos.

Aínda así, a suma puido ser sen dúbida de tres. O inicio fulgurante do equipo verdibranco aturdiu ó rival e deberon pasar dous únicos minutos para ver un 2-0 favorable, responsabilidade da arxentina Adriana Soto. Toda unha declaración de guerra que se acentuaría cinco despois coa diana de Alba Garrote, letal tras un gran pase de María Sanjurjo (3-0). O Telecable non encaixara nos seus dous partidos anteriores.

De todas formas, a entidade do conxunto asturiano apareceu. Concretamente a da experimentada Natasha Lee, que primeiro avisou cun disparo ó ferro de Viki Caretta. Inmediatamente despois, e tal e como fixera o Liceo, anotou dous goles en dous minutos. Esa resurrección animou ó equipo, que logrou empatar (3-3) mediante Sara Roces.

Coa acción máis igualada, apareceu de novo Alba Garrote para transformar no 4-3 un rexeite ó centro da meta Mejido. Non chegaría ó descanso por culpa da visitante Milagros Carrera, que nivelou o marcador.

Igualdade ata o final

Con máis equilibrio e menos tantos, o segundo acto deixou un empate teóricamente xusto. Ambos equipos contaron con oportunidades para levar o partido. Adriana Soto quixo agarrar unha delas tras un excelente gol de xogada individual, aínda Marta Piquero colocou o 5-5 desde o punto de penalti. Cada vez que alguén golpeaba, a outra respondía.

A partir dese momento, Riazor viviu pouco máis de dez minutos coa balanza a punto de desequilibrarse hacia calquer lado, pero finalmente quedou estable. Foi o resultado final.

A próxima proba do Deportivo Liceo Feminino consistirá en visitar ó Cerdanyola (sábado 27, 20:30h).

FICHA TÉCNICA

DEPORTIVO LICEO: Viki Caretta; María Sanjurjo, Luchy Paz, Alba Garrote, Adriana Soto (quinteto inicial), Naiara Vaamonde, Lara Yáñez, Lucía Yáñez e Cris Diz.

TELECABLE: Eva Mejido; Natasha Lee, Sara Roces, Nuria Obeso, Marta Piquero (quinteto inicial), Sara Lolo, Rebeca González e Milagros Carrera.

ÁRBITROS: Albert Barba Gómez-Álvarez (principal) e Aarón Candanedo Leal (auxiliar). Sen cartóns.

GOLES: 1-0 (Adriana Soto, min. 2). 2-0 (Adriana Soto, min. 2). 3-0 (Alba Garrote, min. 7). 3-1 (Natasha Lee, min. 9). 3-2 (Natasha Lee, min. 11). 3-3 (Sara Roces, min. 16). 4-3 (Alba Garrote, min. 21). 4-4 (Milagros Carrera, min. 24). 5-4 (Adriana Soto, min. 31).    5-5 (Marta Piquero, de penalti, min. 38).

INCIDENCIAS: Xornada 3 da OK Liga Feminina 21/22. Pazo dos Deportes de Riazor.

Deixa un comentario