21 de febreiro de 2026
Os de Juan Copa acumulan xa doce seguidas para continuar como líderes destacados.
Agora mesmo non hai quen pare a un Liceo arrollador. E si, todavía queda moita temporada, pero hoxe en día cada fin de semana implica unha vitoria verdibranca; esta contra o Sant Just nun Riazor que de novo foi inexpugnable. Os de Juan Copa alcanzan así a marca dos 50 puntos e acumulan doce triunfos seguidos, unha cifra realmente destacable.
O certo é que a superioridade local foi evidente desde o principio, aínda que non se materializara no marcador ata pasado o cuarto de hora. O porteiro visitante, Gerard Camps, fixo o que puido ata que Dava Torres apareceu para poñer o 1-0. O outro capitán, César Carballeira, volveu atopar rede desde a frontal da área para dobrar esa vantaxe (2-0).
Un equipo fiable, efectivo e sólido
Como non era suficiente, o propio coruñés decidiu que ós vinte segundos da segunda parte anotaría outro gol para acrecentar máis o colchón (3-0). Un golpe realmente duro para un Sant Just que quixo, pero apenas puido. Non o fixo na súa oportunidade máis clara: a falta directa froito da décima do Liceo, que errou Iñaki Cabezas.
O seguinte encontro volverá ser en Riazor e co Igualada como rival (domingo 1, 12:00h)
Si acurtou distancias Gerard Solé, pero o tanto tivo máis carácter anecdótico que outra cousa. Sobre todo cando Bruno Saavedra marcou o 4-1. Xa con pouco tempo por diante, os visitantes si lograron un 4-2 que, como o anterior, só maquillou o asunto. Final e triunfo verde.
FICHA TÉCNICA
LICEO: Blai Roca; César Carballeira, Dava Torres, Nuno Paiva, Toni Pérez (quinteto inicial), Nil Cervera, Arnau Xaus, Jacobo Copa, Bruno Saavedra e Martín Rodríguez (meta suplente).
SANT JUST: Gerard Camps; Sergi Torné, Xavi Burguillos, César Vives, Iñaki Cabezas (quinteto inicial), Xavi Crespo, Pau Gilabert, Dalmau Corominas, Gerard Miquel e Adri Galán (meta suplente).
ÁRBITROS: Josep Antoni Ribó e Nicolás Morandeira. Mostraron tarxeta azul ó visitante César Vives.
GOLES: 1-0 (Dava Torres, min. 15). 2-0 (César Carballeira, min. 21). 3-0 (César Carballeira, min. 26). 3-1 (Gerard Solé, min. 38). 4-1 (Bruno Saavedra, min. 43). 4-2 (Xavi Burguillos, min. 49).
RECINTO E INCIDENCIAS: OK Liga 25/26, Xornada 19 da Fase Regular. Pazo dos Deportes de Riazor.

