11 de outubro de 2025
Os homes de Juan Copa superan en todo momento ós madrileños e suman o seu segundo triunfo ligueiro seguido.
Toni Pérez logra o seu gol número 200 como liceísta.
A tarde do Pazo dos Deportes de Riazor tivo cor verdibranca innegociable. Liceo e Rivas enfrontáronse na terceira data da OK Liga dentro dun partido cun só dono: o local, protagonista do seu segundo triunfo ligueiro seguido para acumular sete puntos de nove posibles.
Empezou cedo o cadro coruñés a demostrar que era claramente superior. Acogotou ós madrileños, que aguantaron como puideron ata que Nil Cervera plasmou esa ampla diferenza no marcador. Aínda que fora un pouco. Recibiu a bóla e, desde lonxe, colocouna no fondo da rede do porteiro Marc Castañer (1-0, minuto 10).
Amplió distancias un Toni eterno
Esa vantaxe mínima non confiou ó Liceo, desexoso de conseguir colchón. O que merecía por xogo. Logrouno, e ademáis con efeméride: a do gol 200 como liceísta de Toni Pérez. Un 2-0 de cor verdibranca que demostrou ás claras o que estaba a pasar.
O descanso deixou un 3-0 que plasmou a clara superioridade liceísta
Os obstáculos tiñan que chegar dalgún xeito e o primeiro tivo forma de tarxeta azul. Non todo podía ser plácido. Viuna Nuno Paiva, aínda que sen consecuencias na inferioridade grazas a un excelente traballo defensivo. Entón sufriuna o visitante Pablo del Río, e aínda que o Liceo non anotou na superioridade si o fixo xusto antes do descanso. Foi Arnau Xaus quen colocou o 3-0 parcial tras un bo envío de Cervera.
Pequeno bache e volta ó monólogo
O Rivas non quixo baixar os brazos, forzou un penalti xa empezado o segundo acto e transformouno Sergio Martín despois dunha parada inicial de Blai Roca. Pouco despois os da capital volveron a marcar mediante Adrián Pos para conseguir o 3-2 (minuto 31) e teóricamente poñer algo de nervos no panorama. Quedou simplemente niso.
O Rivas recortou distancias antes de que o Liceo resolvera o partido con contundencia
Jaco avisou cunha diana finalmente anulada polos colexiados, pero Bruno Saavedra destapou o tarro no minuto 39 para empezar a finiquitar o asunto. Repetiu no 42 con outra excelente definición e uniuse Xaus para establecer o 6-2 definitivo. Riazor vibrou ó sonar a bocina, e non foi para menos.
Ós de Juan Copa agárdalles agora visitar o Palau Blaugrana do Barça (martes, 20:00h) e posteriormente regresar a casa para recibir ó Calafell (sábado, 19:00h). Semana esixente con ilusión máxima.
FICHA TÉCNICA
LICEO: Blai Roca; César Carballeira, Nuno Paiva, Bruno Saavedra, Toni Pérez (quinteto inicial), Nil Cervera, Arnau Xaus, Jacobo Copa, Dava Torres e Martín Rodríguez (meta suplente).
RIVAS: Marc Castañer; Iñigo Artacho, Curro Fernández, Sergio Martín, Pablo del Río (quinteto inicial), Javi Verdú, Gerard Escolà, Adrián Pos, David Sánchez e Rodrigo Ruiz (meta suplente).
ÁRBITROS: Albert Barba e Jordi Reverter. Mostraron cartón amarelo a Juan Copa e Blai Roca; ademais de azul a Nuno Paiva por parte do Liceo. Por parte do Rivas viu o azul Pablo del Río.
GOLES: 1-0 (Nil Cervera, min. 10). 2-0 (Toni Pérez, min. 13). 3-0 (Arnau Xaus, min. 25). 3-1 (Sergio Martín, de penalti, min. 28). 3-2 (Adrián Pos, min. 31). 4-2 (Bruno Saavedra, min. 39). 5-2 (Bruno Saavedra, min. 42). 6-2 (Arnau Xaus, min. 43).
RECINTO E INCIDENCIAS: OK Liga 25/26, Xornada 3 da Fase Regular. Pazo dos Deportes de Riazor. 1.000 espectadores.

