CRÓNICA | HISTÓRICO (5-1)

CRÓNICA | HISTÓRICO (5-1)

Imaxe: HOCKEY GLOBAL (Mónica Arcay).

Os 500 asistentes ó Pazo dos Deportes viron historia en vivo do hockey sobre patíns. Foi protagonista dela o Deportivo Liceo de Juan Copa, responsable de once vitorias consecutivas en once partidos. Once que colocan ós verdes como líderes a cinco unidades do segundo e como autores dun arranque perfecto que poucas veces se viu. Esta vez, o equipo coruñés dobregou ó Palafrugell (5-1).

Pouco tempo tivo que pasar para ver acción. Primeiro unha internada do visitante Marc Figa, pero tres minutos tardou César Carballeira en inaugurar a conta do Liceo -coa baixa de Dava Torres- tras unha xogada caótica. De todas maneiras, tanto partido quedaba que o Palafrugell reaccionou ós poucos segundos. Franco ‘Caco’ Ceschin nivelou o marcador para os intereses do equipo catalán, que puido incluso firmar o 1-2 nun penalti excelentemente neutralizado por Carles Grau. Perdoar é caro. Maxi Oruste marcou o 2-1 para os verdes a falta de 15 minutos para o descanso.

Recuperado do susto, o equipo de Juan Copa dignificou o guion esperado. Acaparou as ocasións de perigo e xerou traballo a Lino Luzón, que contivo correctamente as embestidas. Entre outras, anulou unha pena máxima de Franco Platero.

Pegada de campións

Lonxe de rendirse, o Palafrugell regresou á pista coa intención de truncar a festa do Deportivo Liceo. Marc Figa estivo a piques de conseguilo, pero o pao da portería local aliouse con Carles Grau. Tamén apareceu o de sempre: Jordi Adroher, que convertiu a décima falta visitante no 3-1 (minuto 34) con outra definición maxistral. Dúas xogadas despois, Oruste dobrou a súa conta e instaurou o 4-1. A falta dun minuto, Platero quitouse a espiña e finiquitou un partido histórico co 5-1.

Este Liceo xa é de época, pero a acción sigue. Tras superar á perfección o primeiro terzo dunha longa OK Liga, a Juan Copa e ós seus tocaralles visitar ó Calafell a fin de semana do 12 de decembro.

FICHA TÉCNICA

DEPORTIVO LICEO: Carles Grau, Franco Platero, César Carballeira, Jordi Adroher, Marc Grau (cinco inicial), Roberto Di Benedetto e Maxi Oruste.

CH PALAFRUGELL: Lino Luzón, Caco Ceschin, Marc Figa, Sergi Canet, Borja (cinco inicial), Mikel Abeal, Edu Viella e Albert Querol.

GOLES: 1-0 (César Carballeira, min. 3). 1-1 (Caco Ceschin, min. 4). 2-1 (Maxi Oruste, min. 9). 3-1 (Jordi Adroher, min. 34). 4-1 (Maxi Oruste, min. 34). 5-1 (Franco Platero, min. 49).

ÁRBITROS: Fernández García e Martínez Suárez.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á xornada 6 da OK Liga 20/21. No seu día foi adiado pola situación sanitaria. Pazo dos Deportes de A Coruña, 500 espectadores.

Deixa un comentario