CRÓNICA #WSECL | Europa comeza con vitoria (3-2)

CRÓNICA #WSECL | Europa comeza con vitoria (3-2)

6 de novembro de 2025


Imaxe: MANU BOUTUREIRA.

O Liceo gaña ó Oliveirense en Riazor tras unha gran actuación e suma os primeiros puntos dentro do Grupo B.

Con sudor e esforzo pero chegaron os primeiros tres puntos da WSE Champions League 25/26. O Liceo recibiu en Riazor ó Oliveirense e venceu por tres dianas a dous dentro dun partido complicado á par que esixente. Final feliz para o milleiro de afeccionados que apoiaron ós homes de Juan Copa.

Dentro dun primeiro acto non precisamente aburrido, dentro da liña anterior, Arnau Xaus foi o primeiro en golpear. Estreou a conta de goles do Liceo na presente Champions cun disparo potente desde fóra da área que non puido deter Bernardo Mendes.

Tódolos goles do encuentro chegaron na primeira parte.

Tampoco foi quen de facer nada o meta visitante ante un canonazo marca da casa de César Carballeira. O dorsal 5 dos verdibrancos recibiu a bóla desde o costado dereito e sacou unha definición rasa e potente para fusilar o pau longo. 2-0, pero todavía con cousas que dicir.

Reacción do Oliveirense ante os golpes iniciais

O Oliveirense non viaxara a Galicia de turismo e encargouse de recordarlo mediante un disparo de Marc Rouzé. Acabou dentro e colocou o 2-1 que avisaba a propios e estranos. A cousa non ía ser sinxela.

Os xogadores celebran un dos tres tantos da noite. Imaxe: MANU BOUTUREIRA.

Afortunadamente para os liceístas, Jacobo Copa atopou o seu primeiro tanto do curso nunha acción tan emocionante como efectiva. Disparou e tapou o meta Mendes coa intención de facelo na liña, pero esa bóla entrou para establecer o 3-1. Iso decretaron os árbitros italianos. Unha alegría que durou tanto como un minuto, xa que Lucas Martínez acortou distancias de novo cun habilidoso man a man.

Descanso e 3-2, resultado que acabaría sendo definitivo; non sen antes unha segunda metade trepidante.

Idas e vidas sen descanso

Porque que non se marquen goles non significa que non haia espectáculo. Os 25 minutos do segundo acto foron un vaivén de ataques por parte de ambos: uns para intentar pechar o partido e outros para empatalo (ou remontalo). Nin un nin o outro. No apartado liceísta, grazas a un exercicio defensivo excelente. Un muro que tampouco foi quen de romper a última táctica do Oliveirense, con cinco xogadores de pista.

Triunfo, tres puntos e a pensar na visita do Reus Deportiu. Será na oitava xornada da OK Liga (domingo 9, 12:00h).

FICHA TÉCNICA

LICEO: Blai Roca; Nil Cervera, Arnau Xaus, César Carballeira, Dava Torres (quinteto inicial), Jacobo Copa, Nuno Paiva, Fran Torres, Toni Pérez e Martín Rodríguez (meta suplente).

OLIVEIRENSE: Bernardo Mendes; Bruno Di Benedetto, Nuno Santos, Lucas Martínez, Franco Platero (quinteto inicial), Diogo Lemos, Joao Souto, Joan Galbas, Marc Rouzé e Pedro Bessa (meta suplente).

ÁRBITROS: Filippo Fronte e Marco Rondina (Italia). Mostraron cartón amarelo ó liceísta Toni Pérez.

GOLES: 1-0 (Arnau Xaus, min. 4). 2-0 (César Carballeira, min. 11). 2-1 (Marc Rouzé, min. 14). 3-1 (Jacobo Copa, min. 21). 3-2 (Lucas Martínez, min. 22).

RECINTO E INCIDENCIAS: WSE Champions League 25/26, Xornada 1 da Fase de Grupos. Pazo dos Deportes de Riazor. 1.200 espectadores.