17 de xaneiro de 2026
O Liceo vence ó Cerdanyola, continúa a súa enorme racha de resultados e colócase líder provisional.
O Liceo non se detén no seu empeño por camiñar hacia a gloria. Tampouco o Cerdanyola foi capaz de sacar puntos contra o equipo de Juan Copa, que tralo partido deste sábado en Riazor sumou a súa oitava vitoria seguida en OK Liga. 38 puntos e liderado provisional para o cadro coruñés.
Tiñan ganas de acción incluso os árbitros do encontro, que coa primera infracción xa sacaron do bolso a tarxeta azul. Tanto o seu receptor (César Carballeira) como o público protestaron a acción, pero quen tiña que solucionar a papeleta cumpriu. O Liceo non só non acusou a inferioridade numérica, senón que nada máis recuperar ó dorsal 5 púxose por diante grazas a Dava Torres. Aínda que empatou o visitante Joan Escala dous minutos despois, as táboas non duraron: Arnau Xaus, co capitán esta vez como asistente, devolveu ós de Juan Copa a súa merecida vantaxe (2-1).
Tocou xestionar
Esa marxe medrou co segundo acto xa en marcha. Xusto despois dunha parada milagrosa de Blai Roca, Dava Torres aportou un gol máis (esta vez de novo como autor directo) tras xogada individual. Diana, 3-1 parcial e unha sensación de control que ameazaría o Cerdanyola ó minuto 34 de xogo. Marc Vázquez recibiu unha bóla e atopou a rede liceísta para disminuir de novo a un paso a distancia no marcador.
O Cerdanyola deu guerra ata, literalmente, o último minuto de partido
Era o momento da xestión. Tanto desa vantaxe como das faltas, unhas que non acabarían chegando á directa. Tamén das emocións, sobre todo as do último minuto de encontro: Nuno Paiva pareceu pechalo co 4-2, pero Joan Escala marcou o 4-3 de inmediato e só outro paradón de Blai evitou o empate, co Cerdanyola axudándose de cinco homes de pista. Houbo final feliz.
FICHA TÉCNICA
LICEO: Blai Roca; Nil Cervera, César Carballeira, Dava Torres, Bruno Saavedra (quinteto inicial), Arnau Xaus, Jacobo Copa, Nuno Paiva, Fran Torres e Martín Rodríguez (meta suplente).
CERDANYOLA: Gerard Pérez; Abel Moya, Marc Vázquez, Marc Coy, Sergi Miras (quinteto inicial), Miki Escala, Joan Escala, Xavi Rovira e Iker Jiménez (meta suplente).
ÁRBITROS: Rubén Fernández e Jaume Anglés. Mostraron tarxeta azul a César Carballeira por parte do Liceo.
GOLES: 1-0 (Dava Torres, min. 6). 1-1 (Joan Escala, min. 8). 2-1 (Arnau Xaus, min. 9). 3-1 (Dava Torres, min. 31). 3-2 (Marc Vázquez, min. 34). 4-2 (Nuno Paiva, min. 50). 4-3 (Joan Escala, min. 50).
RECINTO E INCIDENCIAS: OK Liga 25/26, Xornada 15 da Fase Regular. Pazo dos Deportes de Riazor.

