8 de xaneiro de 2026
O Liceo vence ó Bassano, suma 7 puntos e permanece nos postos nobres do Grupo B.
Ó novo 2026 faltáballe algo de sabor Champions, problema que atopou solución no Pazo dos Deportes de Riazor. Alí o Liceo superou ó Bassano para permanecer nos postos do Grupo B que dan acceso á Final 8 europea. Triunfo útil para acumular un total de sete puntos.
Ás veces un só gol non é sinónimo de aburrimento. Iso demostrou a primeira metade dun axitado encontro, con moitas ocasións protagonizadas sobre todo polo Liceo. Tamén tarxetas, tanto azuis como amarelas; estas protagonizadas polo Bassano. Bruno Saavedra foi pioneiro en probar sorte no que a marcar se refire, primeiro cun disparo ó pau e logo sufrindo unha gran parada de Valentín Grimalt. Tamén atopou o ferro César Carballeira tras disparar desde prácticamente o centro da pista.
Tarxetas e un descorchado
O mesmo dorsal 5 contou coa oportunidade máis clara do acto inicial, polo menos en canto a cor verdibranca. Un penalti cometido polo Bassano no minuto 14 enfrentou a César con Grimalt, saíndo vitorioso este último.
O partido foi intenso, con multitude de ocasións e tarxetas
Tivo que ser a 40 segundos do descanso, e a continuación dunha contra case letal dos italianos, cando Nuno Paiva aproveitou un erro do meta rival para estrear o marcador (1-0).
Supervivencia para o final
A intensidade seguiu igual (ou maior) nos últimos 25 minutos de xogo, aínda que esta vez con máis goles. O primeiro foi de Dava Torres para establecer o 2-0 parcial, listo para rematar un saque rápido de falta. De todos modos, o Bassano si atoparía porta neste segundo acto. Recortou distancias Gerard Riba de xeito case inmediato e xusto despois de fallar un penalti.
Tódolos goles, salvo un, chegaron na segunda metade
Nunha acción moi similar á súa, Bruno Saavedra colocou o 3-1 ó cumprirse o 39 de xogo. Golpe na mesa, si, pero todavía con cousas que dicir. O Liceo anotaría unha vez máis (Arnau Xaus) e os italianos dúas. Posito e Riba poñerían o nervo en Riazor, pero a xestión da vantaxe foi inmellorable. 4-3, final e tres puntos. O 22 de xaneiro regresará a Champions para o Liceo, esta vez na pista do Benfica.
FICHA TÉCNICA
LICEO: Blai Roca; Nil Cervera, César Carballeira, Dava Torres, Bruno Saavedra (quinteto inicial), Arnau Xaus, Nuno Paiva, Fran Torres, Toni Pérez e Martín Rodríguez (meta suplente).
BASSANO: Valentín Grimalt; Gerard Riba, Patricio Ipiñazar, Fernando Montigel, Francisco Ipiñazar (quinteto inicial), Alberto Pozzato, Facundo Posito, Giuliano Marchetti, Andrea Scuccato e Mattia Verona (meta suplente).
ÁRBITROS: Silvia Coelho e Pedro Silva (Portugal). Mostraron cartón amarelo ós visitantes Valentín Grimalt e Fernando Montigel. Tamén ensinaron o azul ó local César Carballeira. Polo Bassano víronno Giuliano Marchetti, Andrea Scuccato e o mencionado Montigel.
GOLES: 1-0 (Nuno Paiva, min. 25). 2-0 (Dava Torres, min. 28). 2-1 (Gerard Riba, min. 31). 3-1 (Bruno Saavedra, min. 39). 4-1 (Arnau Xaus, min. 44). 4-2 (Facundo Posito, min. 44). 4-3 (Gerard Riba, min. 49).
RECINTO E INCIDENCIAS: WSE Champions League 25/26, Xornada 4 da Fase de Grupos. Pazo dos Deportes de Riazor.

