4 de outubro de 2025
César celebra un dos seus tres goles da tarde. Imaxe: Mariona Cañabate Sianes
Un hat trick do 5, xunto ós goles de Nil e Toni, danlle ó Liceo a primeira vitoria do curso.
A visita inaugural desta Fase Regular recompensou ó Liceo co seu primeiro triunfo. Chegou a pesar das dificultades mostradas polo Cerdanyola, ignorando a súa condición de recén ascendido, aínda que os de Juan Copa saíron vitoriosos de Can Xarau. Son catro unidades de seis posibles trala aventura por Cataluña, unha que non comezou do mellor xeito posible.
Marc Coy, ós dous minutos do acto inicial, foi o primeiro exliceísta en dicir ola á portería de Blai Roca. Superou ó meta verdibranco cun disparo lonxano que puxo por diante ós homes de Diego Mir. Todavía quedaba moito tempo.
O #5 superou as picaduras dos exliceístas
Empezou entón o show de César Carballeira, que non tardou nada en dar un bo golpe na mesa. O coruñés empatou a contenda cun disparo cruzado (1-1), avisou da remontada cun man a man e finalmente fíxoa realidade. Os minutos 15 e 20 deixaron novos tantos do canteirán liceísta para poñer o 1-3 no marcador. Hat trick en menos dunha metade.



Sergi Miras, outro antigo integrante do Liceo, puxo entón o 2-3 que chegaría ó descanso. O asunto non parecería ser tan sinxelo, pero os de Copa souberon ler entre liñas e reaccionar.
Xestión e remate
O Cerdanyola intentaba de todo, o Liceo resistía, creaba perigo e sobre todo xestionaba a situación. Ambos rivais cargáronse con oito infraccións e o primeiro en chegar ás dez sería o local. A directa de Xaus non acabou en gol, pero pouco despois si foi quen Nil Cervera, autor do 2-4 no minuto 37. O principio da fin.
A que tivo o Cerdanyola non foi transformada por Xavi Rovira, disminuíndo as posibilidades do decano do hockey nacional. Trocaron en prácticamente cero cando Toni Pérez anotou o seu primeiro tanto oficial desde que regresou a casa. Vitoria e a polo Hockey Rivas, que visitará Riazor o sábado 10 ás 19:00h.


FICHA TÉCNICA
CERDANYOLA: Francisco Veludo; Marc Coy, Álvaro Giménez, Sergi Miras, Xavi Rovira (quinteto inicial), Abel Moya, Marc Vázquez, David Ramírez, Guille de Moya e Gerard Pérez (meta suplente).
LICEO: Blai Roca; César Carballeira, Dava Torres, Nuno Paiva, Toni Pérez (quinteto inicial), Nil Cervera, Arnau Xaus, Jacobo Copa, Bruno Saavedra e Martín Rodríguez (meta suplente).
ÁRBITROS: David Cantos e Alberto Pérez. Mostraron cartón amarelo ó local Marc Coy e azul a Marc Vázquez. No Liceo viu o azul Nil Cervera.
GOLES: 1-0 (Marc Coy, min. 2). 1-1 (César Carballeira, min. 5). 1-2 (César Carballeira, min. 10). 1-3 (César Carballeira, min. 20). 2-3 (Sergi Miras, min. 23). 2-4 (Nil Cervera, min. 37). 2-5 (Toni Pérez, min. 44).
RECINTO E INCIDENCIAS: OK Liga 25/26, Xornada 2 da Fase Regular. Pavelló Can Xarau (Cerdanyola).

