6 de decembro de 2025
O Liceo vence con seguridade na Torre Roja para sumar 26 puntos de 33 posibles e asentarse na zona de privilexio da clasificación.
O ponte da Constitución agasallou cun sabroso triunfo ó Liceo de Juan Copa, dono xa do seu cuarto consecutivo para colocarse con 26 puntos de 33 posibles. De momento, na segunda praza da clasificación de OK Liga por detrás do Barcelona (cun punto máis) e pendente do que faga o Igualada este domingo.
Ó Caldes, colista actual da Fase Regular, non lle saíu nada a pesar de contar co factor favorable da súa Torre Roja. Os verdibrancos aproveitaron esa indecisión e non tardaron en poñerse por diante. Foi o capitán Dava Torres quen, chegado o cuarto minuto de hockey, superou ó meta Xus Fernández para colocar o 0-1 parcial. Un que non duraría, posto que á fiesta se sumou Arnau Xaus co 0-2 que chegou ó descanso.



Unha superioridade coruñesa incuestionable
Nada cambiou no segundo acto, que non fixo senón rubricar o maior potencial dos hoxe visitantes. Si intentaron acurtar distancias en varias ocasións os de Eduard Candami, pero un día máis apareceu a sociedade formada por Blai Roca e a súa defensa. Non encaixarían un só tanto en toda a tarde-noite. Si o fixo outra vez Xus Fernández cando Toni Pérez, a falta de once minutos para o final, sentenciou o encontro (0-3). Dava Torres incidiu máis na ferida nos últimos compases ó anotar o 0-4 definitivo.
Apareceu o asubío final e oficializou a vitoria do Liceo, ó que só lle restan dous partidos para chegar ó parón competitivo navideño. Ambos en casa, primeiro ante o Sporting de Portugal (xoves 11, Champions) e logo ante o Lleida (domingo 14, OK Liga).
FICHA TÉCNICA
CALDES: Xus Fernández; Humberto Mendes, Lluc Vilà, Arnau Serra, Marc Zanón (quinteto inicial), Bernat Yeste, Adrià López, Gerard Rovira, Marcos Blanqué e Héctor Sánchez (meta suplente).
LICEO: Blai Roca; Nil Cervera, César Carballeira, Dava Torres, Bruno Saavedra (quinteto inicial), Arnau Xaus, Nuno Paiva, Fran Torres, Toni Pérez e Martín Rodríguez (meta suplente).
ÁRBITROS: Iván González e Raúl Burgos. Mostraron cartón amarelo ó porteiro liceísta Blai Roca.
GOLES: 0-1 (Dava Torres, min. 4). 0-2 (Arnau Xaus, min. 12). 0-3 (Toni Pérez, min. 29). 0-4 (Dava Torres, min. 49).
RECINTO E INCIDENCIAS: OK Liga 25/26, Xornada 11 de la Fase Regular. Pavelló Torre Roja (Caldes de Montbui).

