CRÓNICA #WSECL (X5) | Derrota máis que digna en Lisboa (4-2)

CRÓNICA #WSECL (X5) | Derrota máis que digna en Lisboa (4-2)

22 de xaneiro de 2026


O Liceo cae contra o Benfica, liderado por tres goles de João Rodrigues, aínda que loitou ata o final.

Non tivo un final satisfactorio a visita do Liceo ó Benfica, que fixo valer o seu Pavilhão Fidelidade para levar os tres puntos nesta quinta data europea. Non sen sufrimento. A primeira volta da Fase de Grupos xa é historia cos de Juan Copa dentro dos postos de Final 8, a pesar deste traspés na capital de Portugal.

En Lisboa os protagonistas foron os porteiros unha vez os italianos Rondina e Brambilla inauguraron a acción. Tanto o local Henriques como o visitante Blai Roca detiveron multitude de ocasións por parte de ambos, aínda que un pouco máis inclinadas hacia o lado que ía de vermello. O gardián do Liceo foi moi esixido en todo momento e incluso neutralizou un penalti a João Rodrigues, pero no rexeite non gozou de tanta fortuna. Algo digno do minuto 13 no que o luso anotou o 1-0, só o primeiro dos que acabaría logrando.

Esforzo final sen premio

Doeu máis o 2-0 de Rodrigues ós doce segundos da reanudación porque, pouco antes do descanso, Bruno Saavedra contara cun man a man claro. Non quedou alí a ameaza do atacante portugués, xa que a completou cun hat trick. Corrían os 31 minutos de xogo e o marcador ensinaba un duro 3-0.

A pesar diso, o Liceo non capitulou e ofreceu dez minutos finais moi angustiosos para os intereses lisboetas. Primeiro grazas ó 3-1 de Jacobo e posteriormente polo 3-2 de Arnau Xaus, todavía con sete por diante. Os de Juan Copa intentaron de todo, incluso os cinco de pista, pero precisamente nesa acción sentenciaron os locais.

FICHA TÉCNICA

BENFICA: Pedro Henriques; Zé Miranda, Roberto Di Benedetto, Nil Roca, João Rodrigues (quinteto inicial), Diogo Rafael, Vítor Oliveira, Lucas Ordóñez, Gonçalo Pinto e Conti Acevedo (meta suplente).

LICEO: Blai Roca; César Carballeira, Dava Torres, Nuno Paiva, Toni Pérez (quinteto inicial), Nil Cervera, Arnau Xaus, Jacobo Copa, Bruno Saavedra e Martín Rodríguez (meta suplente).

ÁRBITROS: Marco Rondina e Simone Brambilla (Italia). Mostraron cartón amarelo ós liceístas Bruno Saavedra e Toni Pérez.

GOLES: 1-0 (João Rodrigues, min. 13). 2-0 (João Rodrigues, min. 26). 3-0 (João Rodrigues, min. 31). 3-1 (Jacobo Copa, min. 40). 3-2 (Arnau Xaus, min. 43). 4-2 (Zé Miranda, min. 50).

RECINTO E INCIDENCIAS: WSE Champions League 25/26, Xornada 5 da Fase de Grupos. Pavilhão Fidelidade (Lisboa, Portugal).