CRÓNICA | Gran esforzo sen premio (8-7)

CRÓNICA | Gran esforzo sen premio (8-7)

Imaxe: DAVID VALIENTE.

Nun día no que o da pista pasaba a un segundo plano, o Deportivo Liceo agasallou ó falecido Vicente Torres (pai do capitán Dava e figura do hockey nacional) un partido para a lembranza. Non puido derivar en vitoria verdibranca, aínda que pasou de todo. Juan Copa e os seus xogadores rematarán a xornada na segunda posición e cos 16 puntos que xa tiñan, cinco menos que o seu rival de hoxe: o Barça.

Ocorreu todo nun duelo igualado na súa primeira metade, con Marc Grau como primeiro goleador do Palau Blaugrana. O catalán, recentemente seleccionado por España, materializou un gran pase de Adroher para batir a Sergi Fernández. Foi ós catro minutos e pouco despois Di Benedetto tivo a posibilidade de dobrar a vantaxe, con parada do meta culé. Tamén rozou o gol Adroher nunha directa.

Sen embargo, Hélder Nunes empatou para os xogadores de Edu Castro (minuto 13) e Nil Roca remontou (minuto 15). Unha reacción express que non aturdiu ó Deportivo Liceo, capaz de empatar por mediación de Adroher. O Mago recuperou a bóla, executou o contraataque e definiu maxistralmente ante Fernández.

Juan Copa dirixe ós xogadores durante un tempo morto. Imaxe: DAVID VALIENTE.

Tolemia na segunda metade

O guion do segundo acto foi caótico. Unha choiva de goles, bólas paradas e polémica. Comezou cun minuto 31 con dúas dianas: unha para Àlex Rodríguez e outra para Pau Bargalló, ambas de sendas directas, para colocar o 3-3.

Continuou cun 38 e 39 de igual matiz. Àlex Rodríguez apareceu de novo, esta vez por partida dobre, para batir en dúas ocasións a Fernández e escaparse a un 3-5 que pouco duraría. Trocou en 4-5 grazas a Rodrigues e, tres minutos despois, Nunes empatou cunha excelente xogada individual (5-5).

Foise o Barça cun 7-5 (de novo Rodrigues e Nunes), pero Adroher acurtou distancias inmediatamente despois cunha gran acción dentro da área. O Deportivo Liceo foi quen incluso de empatar (7-7) a falta dun minuto tras un penalti de César Carballeira, diana adicada a Dava Torres. Desafortunadamente, nunha discutida vixésima falta, Rodrigues instaurou o 8-7 definitivo.

FICHA TÉCNICA

BARÇA: Sergi Fernández; Ignacio Alabart, Pau Bargalló, Matías Pascual, João Rodrigues (quinteto inicial), Sergi Panadero, Nil Roca, Sergi Llorca e Hélder Nunes.

DEPORTIVO LICEO: Carles Grau; César Carballeira, Roberto Di Benedetto, Marc Grau, Jordi Adroher (quinteto inicial), Maxi Oruste, Jordi Burgaya e Àlex Rodríguez.

ÁRBITROS: Villar Costa e Ribó Navarro. Mostraron cartón azul ós locais Sergi Llorca e Hélder Nunes. César Carballeira, Àlex Rodríguez e Marc Grau foron amonestados por parte do Deportivo Liceo.

GOLES: 0-1 (Marc Grau, min. 4). 1-1 (Hélder Nunes, min. 13). 2-1 (Nil Roca, min. 15).   2-2 (Jordi Adroher, min. 21). 2-3 (Àlex Rodríguez, min. 31). 3-3 (Pau Bargalló, min. 31). 3-4 (Àlex Rodríguez, min. 37). 4-5 (João Rodrigues, min. 39). 5-5 (Hélder Nunes, min. 42). 6-5 (João Rodrigues, min. 47). 7-5 (Hélder Nunes, min. 48). 7-6 (Jordi Adroher, min. 48). 7-7 (César Carballeira, min. 49). 8-7 (João Rodrigues, min. 49).

Xornada 7 da OK Liga 21/22. Palau Blaugrana (Barcelona).

Deixa un comentario