Contra o SHUM para abrir a segunda volta

Contra o SHUM para abrir a segunda volta

10 de xaneiro de 2026


O Liceo viaxará a Maçanet para buscar tres puntos máis de Fase Regular (domingo 11, 12:30h).

Coa vitoria en Champions fronte ó Bassano xa no pasado, ó Liceo de Juan Copa tocaralle este domingo visitar o Pavelló Municipal de Maçanet, fogar do SHUM. O domingo día 11 (12:30h) é o elixido para que empece a segunda volta desta Fase Regular, polo menos en chave verdibranca, coas cámaras de OK LIGA TV como testemuñas.

A polos últimos 13 partidos

Segunda fase de OK Liga que non será a última, posto que esa será a dos playoffs polo título. Antes, o Liceo deberá afrontar trece partidos máis co obxectivo de clasificarse para os mesmos e na mellor posición posible. Empezará esta etapa desde a terceira e con 32 puntos na mochila, seis máis que o cuarto (Calafell) e a só dous do Igualada e o Barcelona, ambos colíderes con 34.

O Liceo empezará a segunda volta desde a terceira posición con 32 puntos, a dous dos líderes

Como se mencionou anteriormente, Juan Copa e o seu corpo técnico deberán superar o gran esforzo físico adicado ó partido de Champions do pasado xoves; algo do que non se terá que preocupar o SHUM Maçanet.

Todos dispoñibles de novo

O técnico coruñés leva xa varias semanas coa sorte de contar coa totalidade do seu plantel. Igualmente, unha vez máis deberá descartar a un dos seus membros para non superar o máximo de dez permitidos por convocatoria.

Así as cousas, os once xogadores dispoñibles serán os seguintes:

  • Martín Rodríguez – Porteiro, dorsal 1
  • Blai Roca – Porteiro, 20
  • Nil Cervera – 2 – 6 goles
  • Arnau Xaus – 3 – 8 goles
  • César Carballeira – 5 – 9 goles
  • Jacobo Copa – 7
  • Dava Torres – Capitán, 8 – 7 goles
  • Nuno Paiva – 11 – 5 goles
  • Bruno Saavedra – 13 – 6 goles
  • Fran Torres – 44
  • Toni Pérez – 57 – 8 goles

Un SHUM que xa puntuou ante o Liceo

O equipo de Jordi García Altarriba permanece na dura loita que supón evitar o descenso, aínda que o visitante do seu Municipal non é un descoñecido. Na xornada inaugural desta OK Liga 25/26, o SHUM foi quen de empatar (3-3) no Pazo dos Deportes de Riazor grazas a un gol postreiro de Xavi Gurri.

Clasificatoriamente falando, os cataláns ocupan agora mesmo posición de salvación pero con puntuación de descenso (12 unidades). Sen embargo, con máis aire grazas ó importante triunfo logrado recentemente ante o Sant Just (2-1).