CARNETS DE RESTO DE TEMPORADA | Vive co Liceo un final de curso apaixonante!

CARNETS DE RESTO DE TEMPORADA | Vive co Liceo un final de curso apaixonante!

9 de febreiro de 2026


Desde hoxe xa están dispoñibles dúas novas cuotas a prezos reducidos.

Todo aquel que o desexe poderá acompañar a Juan Copa e os seus nesta fase definitiva da súa loita.

Este inicio de febreiro trae unha certeza: que a temporada comezou o seu sprint final. Un no que se decidirá todo. Por esa razón, o Liceo pon a disposición da súa afección dous novos carnets co obxectivo de vivir unidos esta parte decisiva da temporada.

Son dúas novas cuotas a prezos reducidos que se dividen en dúas sinxelas clases, idénticas ás de principio de temporada. Valerán para tódolos partidos de OK LIGA, tanto de Fase Regular como de playoffs; así como para os da WSE Champions League:

  • CARNET INDIVIDUAL | Válido para unha persoa e con custo de só 25€.
  • CARNET FAMILIAR | Constará dun socio titular e un máximo de tres persoas relacionadas que deberán formar parte do mesmo núcleo familiar. Custo de 40€, tan só 10€ por cabeza.

Ambos prezos estarán en vigor tanto para novas altas como para renovacións.

Todo aquel que se queira sumar á loita poderá facelo de forma online grazas á plataforma CLUBER. Poderán realizar a xestión mediante este enlace.

As oficinas do Colexio Liceo tamén estarán dispoñibles para as persoas que queiran formalizar o carnet de forma presencial. Poderán facelo de luns a venres e de 17:00h a 20:00h.

Súmate á ola verde e loita connosco na parte definitiva da temporada!