3 de novembro de 2025
De novo con dúas modalidades de estancia: Media Pensión e Adestramentos.
10% de desconto para os alumnos do Colexio Liceo La Paz e 25€ para un irmán (non acumulable).
O Campus de Nadal 2025 xa ten as súas inscricións en marcha! O evento celebrarase un ano máis no Colexio Liceo La Paz para que os máis pequenos pasen unhas festas cheas de hockey sobre patíns os días 22, 23, 24, 26, 29, 30 e 31 de decembro.
O Campus estará dirixido polos monitores e os técnicos do Hockey Club Liceo, contando de novo coa presenza dos xogadores do equipo de OK Liga encabezados por César Carballeira, Martín Rodríguez e Jacobo Copa.
Para completar o proceso de inscrición deben cumprirse os seguintes pasos, á vez que enviar os documentos especificados a continuación. Cada uno deles é indispensable:
- Descargar e cumplimentar o Documento Word de inscrición (enlace a Google Drive). Enviar a administracion@hockeyclubliceo.com unha vez cuberto.
- Tarxeta sanitaria do neno/nena. Vale tanto escaneada como en fotografía. Enviar a administracion@hockeyclubliceo.com.
- Enviar o DNI do neno/a e o do pai/nai/tutor ó mencionado correo de Administración. Vale tanto escaneado como en fotografía.
- Abonar a cantidade da modalidade elixida ó número de conta facilitado no documento de inscrición: ES98 2080 0006 4255 0002 2243. Enviar xustificante do ingreso a administracion@hockeyclubliceo.com.
O teléfono de contacto para solicitar máis información será o 616 26 85 82 (Antón). Tamén estará a disposición o 981 13 14 51 en horario de tarde, de 17:00h a 20:00h. Nese mesmo horario tamén se poderá solicitar información nas oficinas do club, situadas no Colexio Liceo La Paz.
Modalidades e prezos
Existirán dúas modalidades diferentes, como na edición de 2024:
- MEDIA PENSIÓN | 300€ con horario de 9:00h a 20:00h. Inclúe comida e merendas.
- ADESTRAMENTOS | 215€ con horario de 9:00h a 14:00h e de 16:30h a 20:00h. Pola tarde deberán regresar media hora antes do inicio da sesión.
O día 31 de decembro as actividades terminarán ás 15:30h.
Continúa por outro lado a Opción Madrugadores. Mediante esta posibilidade, os nenos poderán acudir ó Colexio Liceo de 8:00h a 9:00h:
- MADRUGADORES CON ALMORZO | Pago extra de 30€ sobre o prezo da modalidade elixida.
- MADRUGADORES SEN ALMORZO | Pago extra de 18€ baixo a mesma condición.
Os alumnos e alumnas do Colexio Liceo La Paz contarán cun 10% de desconto sobre o prezo. Tamén dun 25% para un dos irmáns, en caso de habelo. Non serán descontos acumulables.
Disfruta connosco dun Nadal cheo de hockey e diversión!

