CAMPAÑA DE SOCIOS 22/23 | Colaboración co Deportivo

Como sucede desde fai varios cursos, o abonado branquiazul poderá sumarse ó Liceo por tan só cinco euros máis.

A Campaña de Socios do Deportivo Liceo continúa o seu curso e faino cunha colaboración cada vez máis tradicional. Tódolos abonados do Real Club Deportivo, que comeza hoxe 18 de xullo a súa Campaña, poderán unirse ó sentimento verdibranco por tan só 5€ máis.

A ligazón para abonarse ó Real Club Deportivo é a seguinte:

https://www.rcdeportivo.es/abonos

Esta modalidade de abono permitirá ver tódolos partidos amistosos do Liceo, ademáis dos de competición oficial, a celebrar como local e salvo que sexan declarados Día do Club. Levarase a cabo sen reserva de localidade e ata completar o aforo do Pazo dos Deportes de Riazor.

O Deportivo Liceo desexa agradecerlle á entidade branquiazul o seu importante apoio, ademáis de desexarlle a mellor das sortes na súa nova tempada.

Por outro lado, o resto de opcións de abono (con localidade reservada) continúan dispoñibles na seguinte ligazón do Liceo:

https://t.co/9qIemUJtBT

Lembra: #EngánchateÓLiceo!

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on pinterest

Deixa un comentario