Ante o Oliveirense en Riazor para estrear a Champions 25/26

Ante o Oliveirense en Riazor para estrear a Champions 25/26

5 de novembro de 2025


Este xoves volverá a máxima competición europea ó Pazo dos Deportes (20:30h).

Chegou a hora para a WSE Champions League, máxima competición do hockey a nivel continental. Nela volverá estar o Liceo de Juan Copa, inmerso nunha Fase de Grupos que durará varios meses.

A primeira parada desta viaxe será no Pazo dos Deportes de Riazor e ante o Oliveirense portugués (xoves 6, 20:30h), cos italianos Filippo Fronte e Marco Rondina como encargados de impartir xustiza.

Un camiño de novembro a abril

O formato desta Champions será moi similar ó aplicado no curso 24/25. Hai de novo un total de dous grupos: A e B, cos verdibrancos encadrados neste último. Cada un deles está formado por seis equipos e terán que enfrontarse entre eles nun total de 10 xornadas. Os catro primeiros de cada división competirán nunha Final 8 que dirimirá ó campión.

Imaxe: MANU BOUTUREIRA.

A folla de ruta do Liceo, en base a isto, será a seguinte. Os encontros sempre se celebrarán en xoves:

  • XORNADA 1 | LICEO vs. Oliveirense (6 de novembro, 20:30h)
  • XORNADA 2 | Barcelos vs. LICEO (20 de novembro, 21:30h de Portugal)
  • XORNADA 3 | LICEO vs. Sporting (11 de decembro, 20:30h)
  • XORNADA 4 | LICEO vs. Bassano (8 de xaneiro, 20:30h)
  • XORNADA 5 | Benfica vs. LICEO (22 de xaneiro, 20:30h de Portugal)
  • XORNADA 6 | LICEO vs. Benfica (5 de febreiro, 20:30h)
  • XORNADA 7 | Bassano vs. LICEO (26 de febreiro, 20:45h)
  • XORNADA 8 | Sporting vs. LICEO (12 de marzo, 20:30h de Portugal)
  • XORNADA 9 | LICEO vs. Barcelos (26 de marzo, 20:30h)
  • XORNADA 10 | Oliveirense vs. LICEO (16 de abril, horario por determinar)

Tralo encontro deste xoves contra o Oliveirense, o Liceo deberá xogar de novo o domingo con Riazor outra vez como escenario. Esta vez será ante o Reus na oitava data da OK Liga (12:00h).

Continúa a baixa de Bruno Saavedra

No referente a convocatoria, Juan Copa segue sen poder contar con Bruno Saavedra debido á súa lesión na cresta ilíaca. O dorsal 13 todavía deberá permanecer un mínimo de unha ou dúas semanas de baixa, mentres que Fran Torres (que xa regresou en Igualada) volverá a ser da partida.

Fran Torres, como en Igualada, poderá ser da partida para Juan Copa

Os dez xogadores que se enfrontarán ó Oliveirense serán os seguintes:

  • Martín Rodríguez – Porteiro, dorsal 1
  • Blai Roca – Porteiro, 20
  • Nil Cervera – 2
  • Arnau Xaus – 3
  • César Carballeira – 5
  • Jacobo Copa – 7
  • Dava Torres – Capitán, 8
  • Nuno Paiva – 11
  • Fran Torres – 44
  • Toni Pérez – 57

Un Oliveirense sempre forte

O conxunto de Nuno Resende non comezou do mellor xeito o Campionato Placard de Portugal, pero iso non implica que non sexa un gran rival con grandes xogadores. Algúns deles exliceístas, como Bruno Di Benedetto e Franco Platero.

O Oliveirense chegará a Riazor igualmente con ganas de sumar de tres nesta Fase de Grupos, xa que o seu último partido doméstico terminou cun empate na pista do HC Braga (1-1).