Imaxes: HOCKEY GLOBAL (Mónica Arcay).
O Deportivo Liceo 21/22 disfrutará de Àlex Rodríguez Dalmau (Sant Hipòlit, 1993). O xogador catalán, que finalizou recentemente a súa vinculación co Reus Deportiu, suporá un reforzo de máximo nivel para o plantel dirixido por Juan Copa.
Rodríguez, dianteiro que asina por dúas tempadas, destaca pola súa potencia tanto no apartado físico como á hora de disparar. É versátil e un activo de élite en cuestións ofensivas. Mostra diso son os 52 goles que logrou na OK Liga 21/22. Máis que suficientes para axenciarse o título de máximo realizador cunha decena de dianas de diferencia con respecto ó seu perseguidor.
O novo xogador verdibranco formouse no CP Voltregà, club que defendeu ata que o mencionado Reus se fixo cos seus servizos en 2016. En cinco anos vestindo a camiseta vermella e negra logrou dous títulos: unha Liga Europea (2017) e unha Supercopa de España (2019).
Àlex é a primeira incorporación do curso para un Deportivo Liceo que xa non terá nas súas filas a Franco Platero (Oliveirense) e Fabri Ciocale (Valdagno).