Á venda o álbum de cromos oficial da OK Liga 22/23 feminina e masculina

Á venda o álbum de cromos oficial da OK Liga 22/23 feminina e masculina

Este curso non podía faltar a tradición. A Real Federación Española de Patinaxe, da man de Icromos, lanzou á venda o álbum oficial de cromos da OK Liga 22/23 feminina e masculina.

Unha colección que, ademáis de incluir a tódolos equipos de ambas competicións, terá ó Deportivo Liceo como representante en ambas.

Polo momento, tódolos Liceístas que desexen o álbum poderán conseguilo mediante dúas vías: ou ben físicamente no Joan Ortoll de Calafell, mentres dure a Copa do Rei; ou de xeito online a través do sitio web oficial de Icromos.

Colecciona todos e completa a súa parte verdibranca!

Deixa un comentario