25 de febreiro de 2026
O Liceo visitará o Pala uBroker do Bassano para completar a sétima xornada de Fase de Grupos (xoves 26, 20:45h).
Son dez e é o momento da sétima. A nova parada de WSE Champions League que terá que afrontar o Liceo será en Bassano, localidade italiana fogar do equipo do mesmo nome. Ese será o seguinte rival dos de Juan Copa na Fase de Grupos da competición europea por excelencia (xoves 26, 20:45h).
Moita tea por cortar
Este duelo entre italianos e galegos, que se poderá ver en directo e de balde grazas ó streaming de europe.worldskate.tv, será unha nova oportunidade para afianzar os postos de clasificación dos que agora mesmo disfruta o Liceo. É terceiro con oito puntos, ou dito doutro modo, ocupante dun dos catro asentos para a Final 8 definitiva polo título.
O partido, como todos, poderase seguir en streaming grazas a europe.worldskate.tv
A táboa completa do Grupo B tras seis datas é a seguinte (en negrita os postos premiados coa clasificación):
- 1º – BENFICA – 16 puntos
- 2º – SPORTING – 10 puntos
- 3º – LICEO – 8 puntos
- 4º – OLIVEIRENSE – 7 puntos
- 5º – BARCELOS – 7 puntos
- 6º – BASSANO – 3 puntos
Por outro lado, esta é a folla de ruta percorrida e por percorrer para os verdibrancos na máxima competición continental:
- XORNADA 1 | LICEO vs. Oliveirense | Triunfo por 3-2
- XORNADA 2 | Barcelos vs. LICEO | Derrota por 3-1
- XORNADA 3 | LICEO vs. Sporting | Empate de 2-2
- XORNADA 4 | LICEO vs. Bassano | Triunfo por 4-3
- XORNADA 5 | Benfica vs. LICEO | Derrota por 4-2
- XORNADA 6 | LICEO vs. Benfica | Empate de 4-4
- XORNADA 7 | Bassano vs. LICEO (26 de febreiro, 20:45h)
- XORNADA 8 | Sporting vs. LICEO (12 de marzo, 21:30h de España)
- XORNADA 9 | LICEO vs. Barcelos (26 de marzo, 20:30h)
- XORNADA 10 | Oliveirense vs. LICEO (16 de abril, horario por determinar)
Unha vez completada esta proba en Italia, o equipo deberá regresar rápidamente a Galicia para centrarse no duelo do domingo 1 de marzo. Non será un calquera, posto que implicará o enfrontamento do actual líder da OK Liga contra o segundo clasificado: o Igualada. Será ás 12:00h no Pazo dos Deportes de Riazor.
Sanción de Bruno Saavedra
Juan Copa non poderá contar co xogador liceísta para os próximos catro encontros de Champions debido ó cartón vermello visto no partido de Riazor fronte ó Benfica. Esa sanción estaba en principio estipulada en seis, que finalmente serán menos tralo recurso do Liceo.
Bruno Saavedra terá que cumprir finalmente unha sanción de catro partidos de Champions
Polo tanto, os homes a disposición do técnico serán os seguintes:
- Martín Rodríguez – Porteiro, dorsal 1
- Blai Roca – Porteiro, 20
- Nil Cervera – 2 – 1 gol
- Arnau Xaus – 3 – 3 goles
- César Carballeira – 5 – 2 goles
- Jacobo Copa – 7 – 2 goles
- Dava Torres – Capitán, 8 – 2 goles
- Nuno Paiva – 11 – 2 goles
- Fran Torres – 44
- Toni Pérez – 57 – 2 goles
Un Bassano que todavía ten opcións
O conxunto dirixido pola lenda Alessandro Bertolucci é actualmente o colista do Grupo B de Champions, pero todavía se atopa con opcións moi serias de acabar en postos de Final 8. Son tres os puntos dos italianos, os logrados ó vencer ó Barcelos; a tan só catro do cuarto clasificado.
Por outro lado, a nivel nacional falar do Bassano implica facelo do líder do campionato transalpino, con Gerard Riba e Francisco Ipiñazar como máximos anotadores (21 e 20 tantos).

