9 de marzo de 2026
Liceo e Noia enfrontaranse o vindeiro domingo 15 de marzo no Pazo dos Deportes de Riazor (12:00h).
Os pases contan de novo con ata tres prezos diferentes dependendo da idade do afeccionado.
A recta final da Fase Regular pasará por Riazor. O Pazo dos Deportes será o escenario no que o Liceo e o Noia disputen a xornada 22 das 26 que conforman este sector inicial da OK Liga, a xogar o próximo domingo 15 de marzo ás 12:00h.
Unha vez máis, as entradas de público xeral estarán dispoñibles vía online mediante Cluber ou nas taquillas desde as 11:00h do mesmo domingo. Os prezos non sufrirán cambios, existindo tres modalidades diferentes:
- ADULTO: 7€
- MENOR DE 25 ANOS: 5€
- MENOR DE 15 ANOS: 3€
A modalidade de entrada revisarase á hora de acceder ó recinto. Non se permitirá a mesma en caso de non cadrar coa idade real da poseedora do pase.
Socios e abonados gratis
Os socios do Liceo poderán entrar gratis a Riazor ensinando o código QR do seu carnet. Vale tanto de forma dixital como impresa. O mesmo ocorre cos abonados provintes do Real Club Deportivo e que pagaran o suplemento de 5€, que nese caso deberán mostrar o carnet que demostre dita condición.
Portas abertas para os máis pequenos
Un curso máis, tamén entrarán gratis os nenos e nenas que cumpran cunha de dúas condicións:
- Ser alumno do Colexio Liceo.
- Federado de patinaxe ata 15 anos.
Será necesario acreditar debidamente a situación (por exemplo, vestir unha prenda do Colexio Liceo ou presentar a licencia federativa).

