CRÓNICA #WSECL (X7) | Triunfo agridoce en Italia (2-3)

CRÓNICA #WSECL (X7) | Triunfo agridoce en Italia (2-3)

26 de febreiro de 2026


O duelo fronte ó Bassano estivo marcado polos cartóns, os penaltis e a lesión de Toni Pérez, pendente de probas.

No Pala uBroker do Bassano pasou de todo, tanto bo como malo. Do primeiro, o triunfo dun Liceo que seguirá en postos de Final 8 dentro desta WSE Champions League. Do segundo, un partido excesivamente marcado pola intervención arbitral e pola lesión de Toni Pérez, todavía pendente de probas.

O Liceo reforza con esta vitoria a súa presenza en postos de Final 8.

Empezou todo ós tres minutos cun golazo marca da casa de César Carballeira, abusando de novo da súa gran potencia de disparo para batir a Grimalt. Quedaba moitísimo e deu tempo para que tamén se luciran os árbitros, que desde entón sacaron a ametralladora para coser a tarxetas a ambos equipos. Vermellas incluidas a medio corpo técnico do Bassano, entre os que estaba o técnico Alessandro Bertolucci.

Adaptarse á adversidade

No puramente deportivo, o tanto inicial de Carballeira non aguantou ata o descanso. Scuccato empatou grazas a unha das catro penas máximas que dispararon os locais e posteriormente remontou Gerard Riba tras unha xogada desafortunada (1-2). Esa sorte que si sorriu ó regresar a pista, cando Arnau Xaus igualou de novo ós poucos segundos de segundo acto.

Os árbitros sinalaron catro penaltis favorables ó Bassano e un total de dúas tarxetas vermellas, cinco azuis e tres amarelas dentro dun partido non especialmente bronco.

O propio dorsal 3 foi o encargado de devolverlle o mando ó Liceo co 2-3, esta vez de falta directa. Un resultado que xa non se movería, pero os de Juan Copa todavía tiveron que sobrevivir a varias ameazas.

Por exemplo, os mencionados penaltis. Neles foron vitais tanto Blai Roca como Martín Rodríguez, tendo que saír este despois de que o primeiro sufrira unha das varias azuis do encontro. Todo acabou ben no que a resultado se refire e a falta de só tres datas de Fase de Grupos.

FICHA TÉCNICA

BASSANO: Valentín Grimalt; Alberto Pozzato, Patricio Ipiñazar, Fernando Montigel, Francisco Ipiñazar (quinteto inicial), Gerard Riba, Facundo Posito, Giuliano Giuliani, Andrea Scuccato e Mattia Verona (meta suplente).

LICEO: Blai Roca; César Carballeira, Dava Torres, Nuno Paiva, Toni Pérez (quinteto inicial), Nil Cervera, Arnau Xaus, Jacobo Copa, Fran Torres e Martín Rodríguez (meta suplente).

ÁRBITROS: Miguel Guilherme e Teofilo Casimiro (Portugal). Expulsaron con cartón vermello directo a Alessandro Bertolucci e Benedetto Bergamin, técnico e delegado do Bassano. Tamén vieron o azul Gerard Riba (en dúas ocasións) e Alberto Pozzato. Por parte do Liceo viron o azul Nuno Paiva e Blai Roca, este tras recibir dous amarelos.

GOLES: 0-1 (César Carballeira, min. 3). 1-1 (Andrea Scuccato de penalti, min. 13). 2-1 (Gerard Riba, min. 23). 2-2 (Arnau Xaus, min. 26). 2-3 (Arnau Xaus, min. 30).

RECINTO E INCIDENCIAS: WSE Champions League 25/26, Jornada 7 de la Fase de Grupos. Pala uBroker (Bassano, Italia).