9 de febreiro de 2026
O talentoso xogador galego amplía a súa vinculación co Liceo ata o ano 2028.
A casa do Liceo comeza a semana con outra excelente nova: a renovación do contrato de Bruno Saavedra, que acababa neste 2026 e que desde este momento lle unirá ós verdibrancos ata 2028. Deste xeito, o Club continuará disfrutando dun dos maiores talentos do hockey sobre patíns nacional.
Bruno (Santiago de Compostela, 2005) formouse no Club Hockey Compostela e no Dominicos, en cuxo primeiro equipo despuntou antes de asinar polo Liceo no ano 2023. Rubricou entón unha vinculación por tres temporadas que deste modo se amplía a un total de cinco. Aínda que o seu primeiro curso quedou lamentablemente marcado por unha grave lesión, Saavedra non tardou en demostrar o seu gran talento na pista. Un do que A Coruña poderá seguir disfrutando.

