CRÓNICA #OKLiga | Bruno decide un Clásico emocionante (1-0)

CRÓNICA #OKLiga | Bruno decide un Clásico emocionante (1-0)

8 de febreiro de 2026


O Liceo vence ó Barça cun golazo a dous minutos do final e reforza todavía máis o seu liderado.

Riazor foi unha festa con final feliz para un Clásico de emocións fortes. Un que non se decidiu ata o epílogo e que colocou ó Liceo de Juan Copa con aínda máis forza no liderado da OK Liga, grazas a 44 puntos que non fan senón evidenciar a excelente temporada que ata o momento están cuaxando os verdibrancos.

Todo dentro dun guion que realmente tardou en quentarse. Os primeiros minutos de encontro, animados iso si por unhas gradas prácticamente cheas, foron máis de tanteo. Tanto Blai Roca como Fernández interviron o xusto, polo menos ata que ambos rivais decidiron subir marchas. O primeiro aviso foi de César Carballeira, que atopou o pau cun dos seus disparos marca da casa. Dava Torres replicou a acción pouco despois para empezar a poñer o medo no corpo dos culés.

Un golazo para despedirse

O que si houbo foi un número de faltas elevado para a altura de partido que corría. Finalmente non se chegou ás décimas infraccións, pero si foron condicionantes para Liceo e Barça. Calquera erro podía ser fatal. Cometeu o primeiro o Barça cando Pablo Álvarez viu a tarxeta azul, pero os de Juan Copa non foron capaces de aproveitar a superioridade.

Bruno aproveitou a súa última participación do partido para decidir o Clásico

Os puntos ían decidirse por detalles e foi un deles o que rematou cos tres en Riazor. Bruno Saavedra, en literalmente a súa última participación do encontro, decidiu encarar a catro defensas barcelonistas, sacar un misil e atopar a rede de Sergi Fernández. Estallido total. Só restaban dous minutos e pouco máis para o asubío final e os de Ricardo Ares, aínda sacando cinco homes de pista, marcharon de vacío. Non había tempo. Outro Clásico e outra vitoria liceísta.

FICHA TÉCNICA

LICEO: Blai Roca; César Carballeira, Dava Torres, Nuno Paiva, Toni Pérez (quinteto inicial), Nil Cervera, Arnau Xaus, Jacobo Copa, Bruno Saavedra e Martín Rodríguez (meta suplente).

BARÇA: Sergi Fernández; Ignacio Alabart, Xavi Barroso, Marc Grau, Sergi Llorca (quinteto inicial), Pablo Álvarez, Álex Ortigosa, Ferran Font, Eloi Cervera e Carles Grau (meta suplente).

ÁRBITROS: Miguel Díaz Cosme e Jonathan Sánchez García. Mostraron tarxeta azul a Pablo Álvarez e amarela a Sergi Llorca por parte do Barcelona.

GOLES: 1-0 (Bruno Saavedra, min. 48).

RECINTO E INCIDENCIAS: OK Liga 25/26, Xornada 17 da Fase Regular. Pazo dos Deportes de Riazor.