16 de decembro de 2025
O evento, a realizar no Mercado de San Agustín, terá á venda produtos oficiais do Club.
Estas festas cobrarán unha cor máis verdibranca para os coruñeses e coruñesas que se acheguen ó Mercado das Nubes do Nadal. Este evento, con sede no Mercado de San Agustín, contará con produtos oficiais do Hockey Club Liceo para todo aquel que queira agasallar hockey ós seus seres queridos.
O Mercado estará aberto durante tres días: 19, 20 e 21 de decembro. Os horarios serán os seguintes:
- VENRES 19 | De 16:30h a 21:00h.
- SÁBADO 20 | De 11:00h a 21:00h.
- DOMINGO 21 | De 11:00h a 19:00h.
Vive un Nadal máis Liceísta vestido de verde e branco!

