10 de decembro de 2025
O Liceo recibirá no Pazo dos Deportes ó Sporting de Portugal (xoves 11, 20:30h).
O penúltimo partido do Liceo dentro deste ano 2025 será un de altura. O Pazo dos Deportes de Riazor engalanarase para o gran duelo que enfrontará ós de Juan Copa contra o Sporting de Portugal, correspondente á terceira xornada da Fase de Grupos de WSE Champions League (xoves 11, 20:30h). Os italianos Franco Ferrari e Massimiliano Carmazzi serán os árbitros encargados de impartir xustiza.
Terceira proba dun total de dez
Continúa polo tanto o sector inicial da mellor competición europea de hockey sobre patíns, que un ano máis durará un total de dez datas. A deste xoves en Riazor será a terceira para un Liceo que xa cubriu dúas: unha con triunfo fronte ó Oliveirense (3-2) e outra con menos sorte na pista do Barcelos (3-1). Actualmente é cuarto clasificado con tres puntos, ocupando a última praza que daría acceso á Final 8.
O Liceo é o actual cuarto clasificado do Grupo B con tres puntos, dentro das prazas que dan acceso á Final 8
O camiño percorrido e por percorrer dos verdibrancos no Grupo B é o seguinte:
- XORNADA 1 | LICEO vs. Oliveirense | 3-2
- XORNADA 2 | Barcelos vs. LICEO | 3-1
- XORNADA 3 | LICEO vs. Sporting (11 de decembro, 20:30h)
- XORNADA 4 | LICEO vs. Bassano (8 de xaneiro, 20:30h)
- XORNADA 5 | Benfica vs. LICEO (22 de xaneiro, 20:30h de Portugal)
- XORNADA 6 | LICEO vs. Benfica (5 de febreiro, 20:30h)
- XORNADA 7 | Bassano vs. LICEO (26 de febreiro, 20:45h)
- XORNADA 8 | Sporting vs. LICEO (12 de marzo, 20:30h de Portugal)
- XORNADA 9 | LICEO vs. Barcelos (26 de marzo, 20:30h)
- XORNADA 10 | Oliveirense vs. LICEO (16 de abril, horario por determinar)
Tralo encontro ante o Sporting, o Liceo deberá afrontar o último do 2025. Será de novo en Riazor ante o Lleida, esta vez correspondente a unha nova xornada de OK Liga (domingo 14, 12:00h).



Todos dispoñibles pendentes dun descarte
Juan Copa poderá contar para este partido coa totalidade do seu plantel, aínda que de novo deberá descartar a un xogador para non superar os dez permitidos nas convocatorias. Polo tanto, deberá elixilos de entre os seguintes once:
- Martín Rodríguez – Porteiro, dorsal 1
- Blai Roca – Porteiro, 20
- Nil Cervera – 2 – 1 gol
- Arnau Xaus – 3 – 1 gol
- César Carballeira – 5 – 1 gol
- Jacobo Copa – 7 – 1 gol
- Dava Torres – Capitán, 8
- Nuno Paiva – 11
- Bruno Saavedra – 13
- Fran Torres – 44
- Toni Pérez – 57
Partido ante un dos xigantes do país veciño
A Riazor chegará o Sporting de Portugal, unha das potencias máis importantes do hockey sobre patíns luso. O equipo dirixido por Edo Bosch é o actual segundo clasificado do Campionato Placard só por detrás dun intratable Benfica.
No que a Champions se refire, o Sporting é o actual líder do Grupo B con seis puntos sumados sobre seis posibles. Iso logrou grazas ás súas vitorias contra o Barcelos (4-3) e o Bassano (5-0), ambos como local. A diferenza de goles é o que o coloca por encima do mencionado Benfica, tamén con pleno.

