24 de novembro de 2025
Os pases volven contar con ata tres prezos diferentes dependendo da idade do afeccionado.
Realizarase unha Operación Kilo xunto á Cociña Económica. Doar, ademais de para axudar, servirá para acceder ó partido.


Regresa a OK Liga tralo parón co Liceo de novo no seu Pazo dos Deportes de Riazor. Visitará Galicia o Voltregà, rival na décima xornada da Fase Regular (sábado 29, 19:00h).
Os pases para o encontro xa se atopan á venda de forma online mediante a plataforma Cluber. Tamén se poderán adquirir físicamente nas taquillas de Riazor, que abrirán desde unha hora antes do asubío inicial (18:00h). O custo do pase será o mesmo independentemente do xeito do que se merque e haberá tres diferentes, dependendo da idade do afeccionado:
- ADULTO: 7€
- MENOR DE 25 ANOS: 5€
- MENOR DE 15 ANOS: 3€
A modalidade de entrada revisarase á hora de acceder ó recinto. Non se permitirá a mesma en caso de non cadrar coa idade real da poseedora do pase.
Operación Kilo xunto á Cociña Económica
Este encontro servirá tamén para impulsar unha iniciativa de doazón de alimentos xunto á Cociña Económica. Cada persoa que queira aportar comida non perecedera (pasta, garabanzos, arroz…) poderá acceder ó partido.
Socios e abonados gratis
Por outra parte, como sempre, os socios do Liceo poderán entrar gratis a Riazor ensinando o código QR do seu carnet. Vale tanto de forma dixital como impresa. O mesmo ocorre cos abonados provintes do Real Club Deportivo e que pagaran o suplemento de 5€, que nese caso deberán mostrar o carnet que demostre dita condición.
Portas abertas para os máis pequenos
Un curso máis, tamén entrarán gratis os nenos e nenas que cumpran cunha das dúas condicións descritas na imaxe desta nova. Será necesario acreditar debidamente a situación (por exemplo, vestir unha prenda do Colexio Liceo ou presentar a licencia federativa).

