28 de outubro de 2025
O xogador do Liceo sufre unha lesión na cresta ilíaca.
O xogador Bruno Saavedra sufriu no pasado partido ante o Sant Just unha lesión que lle obrigará a manterse alonxado das pistas durante unhas semanas.
Tralas probas realizadas polo Doutor Carlos Lariño no Hospital Quirónsalud A Coruña, chegouse á conclusión de que existe unha rotura na inserción do oblicuo esquerdo da cresta ilíaca. O tempo de baixa dependerá do proceso de recuperación e estímase entre as dúas e as catro semanas.
Dentro de quince días, o Doutor Lariño realizará novas probas para determinar dita evolución e confirmar o alcance definitivo da doenza.

