25 de outubro de 2025
O Liceo iguala un 2-0 en contra cando só quedaban dous minutos.
A visita do Liceo a La Bonaigua parecía terminar con malas novas ata que, nun minuto máxico, os de Juan Copa conseguiron sacar algo de proveito. O partido ante o Sant Just rematou con igualada final nesta sexta xornada da Fase Regular, resultado que mantén ós verdibrancos como invictos.
Dentro dunha primeira parte prácticamente íntegra de tanteo, quen se converteron en protagonistas foron os porteiros. As ocasións claras de ambos equipos non destacaron pola súa abundancia, pero cando así eran, os guardiáns aparecían. Primeiro fíxoo Blai Roca para o Liceo, gatuno á hora de desviar unha bóla disparada polo local Iñaki Cabezas. O do Sant Just recibiuna dentro da área sen oposición e sen éxito. Posteriormente replicou Gerard Camps a remate de Dava Torres para que o 0-0 fora unha realidade no entreacto.


Un minuto glorioso tras outro fatídico
Esas táboas sen dianas duraron 11 minutos máis, momento no que o Sant Just logrou adiantarse e estrear o marcador. O responsable foi Iñaki Cabezas, que esta vez si enviou a bóla ó fondo da rede de Blai Roca. Un golpe que precedeu a outro, ambos en só 60 segundos de xogo: un novo tanto local, esta vez de Pau Gilabert tras un disparo raso. 2-0 en contra e unha reacción obrigada.
Tardou pero chegou. Do 48 ó 49, o Liceo empatou para rescatar un punto que parecía improbable. Acortou distancias Nuno e seguiu Toni Pérez, oportuno para rematar un bo pase da muerte. 2-2, final e a pensar na segunda visita consecutiva: tocará Igualada (sábado 2, 18:00h).


FICHA TÉCNICA
SANT JUST: Gerard Camps; Xavi Crespo, Pau Gilabert, Iñaki Cabezas, Gerard Miquel (quinteto inicial), Xavi Burguillos, Dalmau Corominas, César Vives, Hugo Carbonell e Adri Galán (meta suplente).
LICEO: Blai Roca; César Carballeira, Dava Torres, Nuno Paiva, Toni Pérez (quinteto inicial), Nil Cervera, Arnau Xaus, Jacobo Copa, Bruno Saavedra e Martín Rodríguez (meta suplente).
ÁRBITROS: Albert Barba e Iván González. Sen tarxetas.
GOLES: 1-0 (Iñaki Cabezas, min. 36). 2-0 (Pau Gilabert, min. 37). 2-1 (Nuno Paiva, min. 48). 2-2 (Toni Pérez, min. 49).
RECINTO E INCIDENCIAS: OK Liga 25/26, Xornada 6 da Fase Regular. Complex Esportiu Municipal La Bonaigua (Sant Just).

