CRÓNICA #OKLiga | O Liceo volve conquistar o Palau (3-5)

CRÓNICA #OKLiga | O Liceo volve conquistar o Palau (3-5)

14 de outubro de 2025


Un gran partido dos de Juan Copa serve para sumar de tres ante o Barça.

A noite do martes deixou a mellor das novas: unha vitoria do Liceo na casa do Barça. Conquistou o Palau Blaugrana tras unha primeira parte de gran acerto e unha segunda de supervivencia, cóctel perfecto para irse de Cataluña con tres puntos baixo o brazo.

Pasou de todo en dous actos moi diferenciados, que empezaron con tímidos achegamentos de ambos equipos. As ocasións máis importantes de cor verdibranca foron para Bruno Saavedra e Arnau Xaus, que ós dez minutos de xogo puxeron en problemas a Sergi Fernández cunha dobre ocasión dentro da área culé.

Erros axenos e chispazos propios

A pesar da réplica de Barroso, cun disparo ó longueiro de Blai Roca, foi finalmente o mencionado Bruno o que empezou a silenciar as gradas barcelonistas. Equivocouse a defensa dos de Ricard Ares, recolleu o dorsal 13 e superou a Sergi nun man a man sen oposición. Xusto despois, para máis ledicia, Nuno Paiva clavou un misil lonxano para establecer o 0-2 ó cuarto de hora de hockey. A cousa pintaba ben.

Tralo acerto, a supervivencia

Asueto, dúas dianas de diferenza e inicio da fase de supervivencia. Non sen antes, por certo, disfrutar doutro golazo lonxano dos muchachos de Juan Copa. Foi esta vez César Carballeira cunha acción marca da casa, responsable de colocar o 0-3 parcial ós 30 minutos.

O Barça intentou empatar pero o Liceo aguantou e sentenciou

O Barça tiña que reaccionar. Estaba obrigado. Polo menos intentouno, primeiro sudando sangue para estrear o casilleiro grazas a Pablo Álvarez. Respondeu novamente Bruno para devolver o colchón de tres (1-4, minuto 40), así que os dez minutos de clausura serían evidentemente decisivos.

Máis cando os culés si empezaron a xerar algún apreto nas filas liceístas, anotando dous goles que a falta dos mismos minutos colocaban un 3-4 de todo ou nada. Xa con cinco xogadores de pista, os de Ares buscaron o empate na última acción para finalmente encaixar o 2-5 definitivo de César. Final e tres puntos para o Liceo, que o sábado regresará a Riazor para recibir ó Calafell (19:00h).

FICHA TÉCNICA

BARÇA: Sergi Fernández; Ferran Font, Xavi Barroso, Sergi Llorca, Sergi Aragonès (quinteto inicial), Biel Nadal, Ignacio Alabart, Pablo Álvarez, Eloi Cervera e Carles Grau (meta suplente).

LICEO: Blai Roca; César Carballeira, Dava Torres, Nuno Paiva, Toni Pérez (quinteto inicial), Nil Cervera, Arnau Xaus, Jacobo Copa, Bruno Saavedra e Martín Rodríguez (meta suplente).

ÁRBITROS: Raúl Burgos e Luis Mier. Mostraron tarxeta azul ó liceísta Bruno Saavedra.

GOLES: 0-1 (Bruno Saavedra, min. 13). 0-2 (Nuno Paiva, min. 14). 0-3 (César Carballeira, min. 30). 1-3 (Pablo Álvarez, min. 34). 1-4 (Bruno Saavedra, min. 40). 2-4 (Xavi Barroso de penalti, min. 45). 3-4 (Sergi Aragonès, min. 48). 3-5 (César Carballeira, min. 50).

RECINTO E INCIDENCIAS: OK Liga 25/26, Xornada 4 da Fase Regular. Palau Blaugrana de Barcelona.

Deixa un comentario