28 de xaneiro de 2025
O Deportivo Liceo recibirá ó Valongo nun novo partido europeo (xoves 30, 20:30h). As entradas de público xeral terán un custo de 7€.
Os socios e abonados entrarán gratis ó Pazo dos Deportes da Coruña ensinando o código QR do seu carnet, que valerá tanto de forma impresa como dixital.
Novo partido de Champions e nova oportunidade para animar ó Deportivo Liceo de Juan Copa. Coma sempre, con prezos populares para o público xeral. Por tan só 7€, todo aquel que desexe acudir ó choque contra o Valongo portugués (xoves 30 de xaneiro, 20:30h) poderá facelo.
Os pases poderanse adquirir de dous xeitos: online mediante a plataforma Cluber e presencial nas taquillas do Pazo dos Deportes. As mesmas, como é habitual, abrirán desde unha hora antes do encontro (19:30h).
Socios e abonados gratis
Os socios do Liceo poderán entrar gratis a Riazor ensinando o código QR do seu carnet. Vale tanto de forma dixital como impresa. O mesmo ocorre cos abonados provintes do Real Club Deportivo e que pagaran o suplemento de 5€, que nese caso deberán mostrar o carnet que demostre dita condición.
Se todavía non es socio, podes aproveitar os novos prezos da segunda volta para apoiarnos neste treito final de tempada: neste enlace podes formalizar o teu carnet.
Portas abertas para os máis pequenos
Un curso máis, tamén entrarán gratis os nenos e nenas que cumpran cunha das seguintes dúas condicións.
Será necesario acreditar debidamente a situación (por exemplo, vestir unha prenda do Colexio Liceo ou presentar a licencia federativa:


 
								


