25 de xaneiro de 2025
Imaxe: MANU BOUTUREIRA.
O Liceo de Juan Copa recibirá en Riazor ó Lleida tras dous partidos seguidos como visitante.
Mente posta no Lleida. Ese será o vindeiro rival do Deportivo Liceo de Juan Copa, un equipo coruñés que este domingo 26 ás 12:00h volverá a patinar en casa. A xornada 15 da OK Liga (na súa Fase Regular) está á volta da esquina co obxectivo verdibranco de manterse na segunda posición da clasificación.
Esta nova proba, a celebrarse no Pazo dos Deportes de Riazor, estará dirixida na pista polos árbitros Jonathan Sánchez García e Luis Mier Sánchez; con Francisco José Martínez Suárez como auxiliar.
Partido tras unha semana limpa
Copa e os seus xogadores puideron preparar este exame sen a presenza dunha parada intersemanal europea, como vén ocorrendo habitualmente desde o comezo da WSE Champions League. No que respecta ó doméstico, o Liceo é actualmente o segundo clasificado da OK Liga con 30 puntos acumulados. Son un e 5 máis que o Reus Deportiu e o propio Lleida, respectivamente.
O Liceo é o actual segundo clasificado e xogará contra o Lleida, que é cuarto
Trala finalización desta 15º data si volverá a tocar unha semana de dobre compromiso, aínda que os dous serán en Riazor. O primeiro será o xoves ás 20:30h coa visita do Valongo (Champions), mentres que o que estará na Coruña o domingo 2 ás 12:00h será o Vic (OK Liga).
Lista de nove xogadores
Juan Copa no poderá contar para este partido coas dúas baixas que vén sufrindo desde fai varias semanas. A primeira delas é a de Pablo Cancela, xa coñecida desde verán, mentres que Tato Ferruccio todavía non está en plenas condicións de saltar á pista debido á súa pubalxia. Volverá a formar parte da lista o junior Jaime Méndez.
Polo tanto, os dez homes que se enfrontarán ó Lleida serán os seguintes:
- Martín Rodríguez | Porteiro, dorsal 1
- Martí Serra | Porteiro, 10
- Nil Cervera | 2 | 4 goles en OK Liga
- Arnau Xaus | 3 | 16 goles en OK Liga e 1 en Champions
- César Carballeira | 5 | 10 goles en OK Liga e 4 en Champions
- Jacobo Copa | 7 | 3 goles en OK Liga
- Dava Torres | Capitán, 8 | 6 goles en OK Liga e 1 en Champions
- Fabri Ciocale | 9 | 3 goles en OK Liga e 1 en Champions
- Bruno Saavedra | 13 | 3 goles en OK Liga e 3 en Champions
- Jaime Méndez | 78
Un Lleida con grandes cifras
A Riazor chegará un gran rival, totalmente inmerso na zona nobre da clasificación. O equipo comandado por Edu Amat é o actual cuarto posicionado da Fase Regular, unha na que tamén se alza como o segundo máximo realizador. Chegará a Galicia ademáis tras un triunfo de quilates ante o Vic, ó que lle endosou un 8-0 no Onze de Setembre.
Co capitán Sergi Duch recuperado desde fai uns meses, o Lleida tamén se mantén na WSE Cup. Será en febreiro cando loite por pasar ás súas semifinais.



Amat, con todo o seu plantel dispoñible, viaxará ó Pazo dos Deportes cos seguintes xogadores. Entre eles continúa Fran Torres ‘Tombita’, cedido polo propio Liceo e que conta cun papel protagonista no conxunto catalán:
- Martí Zapater | Porteiro, dorsal 10
- Javi Sánchez | Porteiro, 60
- Nuno Paiva | 5 | 12 goles en OK Liga e 3 en WSE Cup
- Darío Giménez | 6 | 6 goles en OK Liga e 1 en WSE Cup
- Antonio Miguélez | 7 | 3 goles en OK Liga
- Sebas Moncusí | 9 | 5 goles en OK Liga e 3 en WSE Cup
- Sergi Duch | Capitán, 22 | 2 goles en OK Liga e 1 en WSE Cup
- Fran Torres ‘Tombita’ | 44 | 7 goles en OK Liga e 5 en WSE Cup
- Nico Ojeda | 55 | 16 goles en OK Liga e 3 en WSE Cup
- Jordi Badia | 63 | 5 goles en OK Liga e 2 en WSE Cup
O encontro da primeira volta, celebrado en Lleida, acabou cun complicado triunfo para os de Juan Copa por 4-6. Os tantos liceístas foron obra de Arnau Xaus (autor de catro), Dava Torres e Tato Ferruccio; mentres que polos locais anotaron Fran Torres, Darío Giménez (2) e Nico Ojeda.

