Visita ó segundo clasificado da OK Bronce

Visita ó segundo clasificado da OK Bronce

Rematar un descanso competitivo de tres semanas, xogar e empezar outro. Esa é a planificación a curto prazo do Deportivo Liceo na OK Bronce, competición que este sábado deparará unha dura proba: a visita ó Ordes (20:00h). O filial sairá á pista do Pavillón Castelao co obxectivo de regresar á senda do triunfo.

Neste estrano Grupo Norte, debido á presenza de tres turnos de parón por xornada, os verdibrancos ocupan o oitavo posto con catro puntos e catro partidos disputados. Dous dos equipos que os superan na táboa, sen embargo, contan con máis datas xogadas.

Non é un deles o Ordes, actual segundo clasificado con dous partidos menos có líder Raxoi. Suma nove puntos, 15 goles a favor e 11 en contra.

Competición e novo descanso

Unha vez superada a data do Ordes, o filial dirixido por Sergio Huelves volverá a descansar. Non sairá a xogar na xornada correspondiente ó 3 de decembro, pero regresará a fin de semana do 10 con data por confirmar. Si hai escenario: a casa do Telecable.

Deixa un comentario