Visita ó Raspeig na OK Prata Feminina

Visita ó Raspeig na OK Prata Feminina

Imaxe: HOCKEY GLOBAL.

Aínda dura a ledicia da importante vitoria fronte ó filial do Borbolla (1-0) no derbi galego da sexta xornada, pero a sétima xa está no horizonte. O Deportivo Liceo Feminino buscará o seu cuarto triunfo consecutivo coa visita ó CPP Raspeig, pechacancelas da OK Prata Feminina, nun partido a celebrar o domingo 2 de maio ás 10:00h. Este vindeiro rival, actualmente, conta os seus cinco encontros por derrotas.

O Pavelló Municipal Sant Vicent de Raspeig será o escenario dun importante choque polo liderado, que as verdibrancas conseguirán en caso de sumar os tres puntos. Actualmente son segundas na clasificación con 13 unidades, as mesmas có CP Alcorcón. Só supera ó Liceo por diferenza de goles. De todas maneiras, o conxunto madrileño descansará esta fin de semana polo número impar de participantes nesta OK Prata. Unha oportunidade de ouro para aferrarse ó primeiro posto.

Pola súa parte, o filial masculino da OK Prata tamén descansará ó ser elixida a vindeira fin de semana como etapa para recuperar partidos pendentes. O equipo regresará á acción o 8 de maio recibindo ó Sant Cugat, data na que rematará a disputa do Grupo Norte.

Deixa un comentario