Visita á fábrica de AZEMAD en Oliveira de Azeméis

Visita á fábrica de AZEMAD en Oliveira de Azeméis

31 de agosto de 2023


O equipo de Juan Copa aproveitou o stage en Portugal para visitar a un dos grandes patrocinadores do Deportivo Liceo, proveedor do seu material técnico.

A estancia do Deportivo Liceo en Oliveira de Azeméis non só serve para preparar o curso 23/24, senón tamén para visitar ós nosos compañeiros de viaxe. É o caso de AZEMAD, patrocinador esencial do club e proveedor do material técnico que utilizarán os nosos xogadores ó longo da tempada.

O plantel e o corpo técnico foron cordialmente recibidos na fábrica principal de AZEMAD, onde tivo lugar un tour explicativo do proceso de elaboración do material. Paso a paso, os responsables da marca mostraron como se fabrican os sticks de maior calidade do mercado e demáis equipamento relacionado co hockey sobre patíns.

Para rematar a visita, e como pequena mostra de agradecemento pola inmensa axuda que proporciona AZEMAD ó Deportivo Liceo mediante a súa marca Sport, os integrantes da expedición agasallaron ós anfitrións cunha camiseta asinada e personalizada.

Deixa un comentario