29 de abril de 2025
O Deportivo Liceo recibirá ó Lleida en Riazor para comezar os Cuartos de Final polo título (sábado 17, 18:30h) .
O público xeral contará novamente con entradas a tan só 7€.
Os socios e abonados entrarán gratis ó Pazo dos Deportes da Coruña ensinando o código QR do seu carnet, que valerá tanto de forma impresa como dixital.
A viaxe hacia o título comezará en Riazor este sábado 17 ás 18:30h. O rival do Deportivo Liceo nos Cuartos de Final destes playoffs será o Lleida, que inicialmente visitará A Coruña para esta eliminatoria ó mellor de tres encontros (cos verdibrancos poseedores do factor pista). Unha vez máis, como non podía ser doutro xeito, o público xeral contará con entradas a prezos inmellorables para apoiar ó equipo.
Os pases para esta data ligueira xa se atopan á venda de xeito online mediante a plataforma Cluber. Tamén se poderán adquirir físicamente nas taquillas de Riazor, que abrirán desde unha hora antes do comezo do encontro (17:30h). O custo do pase (7€) será o mesmo independientemente da forma na que se merque.
Socios e abonados gratis
Os socios do Liceo poderán entrar gratis a Riazor ensinando o código QR do seu carnet. Vale tanto de forma dixital como impresa. O mesmo ocorre cos abonados provintes do Real Club Deportivo e que pagaran o suplemento de 5€, que nese caso deberán mostrar o carnet que demostre dita condición.
Portas abertas para os máis pequenos
Un curso máis, tamén entrarán gratis os nenos e nenas que cumpran cunha das seguintes dúas condicións.
Será necesario acreditar debidamente a situación (por exemplo, vestir unha prenda do Colexio Liceo ou presentar a licencia federativa):