#LiceoBarcelos | ENTRADAS de público xeral para a Xornada 9 da WSE Champions League

#LiceoBarcelos | ENTRADAS de público xeral para a Xornada 9 da WSE Champions League

23 de marzo de 2026


O Liceo terá ante o Barcelos a oportunidade de clasificarse para a Final 8 da Champions.

Os pases contan de novo con ata tres prezos diferentes dependendo da idade do afeccionado.

Liceo e Barcelos enfrontaranse este xoves día 26 en Riazor (20:30h) coa mente posta na Final 8 da Champions. Ese será o obxectivo dos homes de Juan Copa, que en caso de triunfo asegurarían a súa presenza na mesma.

Unha vez máis, as entradas de público xeral para este encontro estarán dispoñibles en vía online mediante Cluber ou nas taquillas desde as 19:30h do mesmo xoves. Haberá ata tres prezos diferentes:

  • ADULTO: 7€
  • MENOR DE 25 ANOS: 5€
  • MENOR DE 15 ANOS: 3€

A modalidade de entrada revisarase á hora de acceder ó recinto. Non se permitirá a mesma en caso de non cadrar coa idade real da poseedora do pase.

Socios e abonados gratis

Os socios do Liceo poderán entrar gratis a Riazor ensinando o código QR do seu carnet. Vale tanto de forma dixital como impresa. O mesmo ocorre cos abonados provintes do Real Club Deportivo e que pagaran o suplemento de 5€, que nese caso deberán mostrar o carnet que demostre dita condición.

Portas abertas para os máis pequenos

Un curso máis, tamén entrarán gratis os nenos e nenas que cumpran cunha de dúas condicións:

  • Ser alumno do Colexio Liceo.
  • Federado de patinaxe ata 15 anos.

Será necesario acreditar debidamente a situación (por exemplo, vestir unha prenda do Colexio Liceo ou presentar a licencia federativa).