Entradas para o Deportivo Liceo-Barça e promoción

Entradas para o Deportivo Liceo-Barça e promoción

No Deportivo Liceo vs. Barça (sábado 5, 17:00h) necesitaremos novamente un Pazo dos Deportes tinguido de cor verde. Entramos na previa dun dos mellores partidos posibles de hockey e ti, #Liceísta, poderás disfrutalo sen dificultades.

Ábrense tres escenarios posibles.

Poseedores do bono da Golden Cup 50 Aniversario Deportivo Liceo

Os afeccionados que conten co pase terán ACCESO GRATUITO ó choque. Tan só deberán sacar a entrada nas taquillas do Pazo dos Deportes durante a previa do partido. Ensinando a da Golden Cup, que podes adquirir AQUÍ, terás a do partido contra o Barcelona.

Socios do Liceo e abonados do Real Club Deportivo

Os socios do Deportivo Liceo e os abonados beneficiarios do convenio co Real Club Deportivo contarán con entradas a un prezo de 5 euros cada unha. Poderanse adquirir de xeito online na seguinte ligazón:

Na chegada ós aledaños do Pazo dos Deportes, as persoas que apliquen esta posibilidade terán a obriga de presentar dous documentos: o código QR proporcionado por Cluber, o carnet dixital do Liceo e o carnet do Real Club Deportivo. Serán indispensables para poder acceder.

Público xeral

Por outra parte, o público xeral que desexe asistir ó encontro conta con entradas dispoñibles a un prezo de 10 euros cada unha. Adquiriranse de xeito online mediante outra ligazón de Cluber:

Liceístas, agardámosvos no Pazo dos Deportes de Riazor!

Deixa un comentario