Duelo en Riazor contra o Sant Just

Duelo en Riazor contra o Sant Just

20 de febreiro de 2026


O Liceo volverá a competir en casa co obxectivo de afianzar todavía máis o seu forte liderado da OK Liga (sábado 21, 18:00h).

OK Liga e Riazor para sazonar a tarde do sábado. Desde as 18:00h, LiceoSant Just comezarán a patinar no Pazo dos Deportes dentro dun duelo que para os de Juan Copa significa unha nova oportunidade: a de fortalecer todavía máis o seu sólido liderado da categoría. Será a data número 19 do total de 26 que conforman a Fase Regular e estará dirixida polos árbitros Josep Antoni Ribó e Nicolás Morandeira.

Seis puntos e once vitorias seguidas

Eses son os datos do que agora mesmo é claramente o mellor equipo da OK Liga. O Liceo acumula 47 unidades grazas a dous empates, unha única derrota e un total de quince triunfos. Once deles de forma consecutiva. A pasada xornada, os tres puntos logrados no ata o momento inexpugnable Joan Ortoll de Calafell serviron para aumentar a distancia co Barcelona (41) e o Igualada (40), segundos e terceiros respectivamente.

O próximo duelo ligueiro do Liceo será, precisamente, ante o Igualada

Os de Les Comes serán precisamente os seguintes rivais dos liceístas, e de novo en Riazor. Esto será o domingo 1 de marzo ás 12:00h, pero antes os verdibrancos deberán viaxar a Italia para enfrontarse ó Bassano nunha nova xornada de WSE Champions League.

Todos dispoñibles a falta dun descarte

Para recibir ó Sant Just non haberá novidades no que a convocatoria se refire, posto que tódolos xogadores se atopan en perfecto estado físico. De todos modos, e como é habitual, Juan Copa deberá realizar un descarte para adecuarse ó máximo de dez homes permitidos por convocatoria.

Esa decisión sairá de entre os seguintes once:

  • Martín Rodríguez – Porteiro, dorsal 1
  • Blai Roca – Porteiro, 20
  • Nil Cervera – 2 – 8 goles
  • Arnau Xaus – 3 – 9 goles
  • César Carballeira – 5 – 11 goles
  • Jacobo Copa – 7
  • Dava Torres – Capitán, 8 – 10 goles
  • Nuno Paiva – 11 – 8 goles
  • Bruno Saavedra – 13 – 8 goles
  • Fran Torres – 44
  • Toni Pérez – 57 – 11 goles

Un Sant Just en busca da supervivencia

O conxunto catalán chegará ó Pazo nunha incómoda penúltima posición, aínda que os seus 12 puntos non distan moito dos 15 que marcan agora mesmo a salvación. É só un partido de distancia e o encontro será para o Sant Just unha oportunidade para solventalo. O precedente para os de Mia Ordeig na primeira volta non é precisamente negativo: o duelo en Cataluña entre os mesmos rivais terminou con 2-2, un dos únicos tres encontros nos que o Liceo non sumou de tres.