20 de xuño de 2023
A promoción comeza desde xa e está dispoñible para tódolos deportistas poseedores dunha ficha federativa do club.
Remata a tempada 22/23 pero non as promocións para os Liceístas. A clínica coruñesa NAW (Not Another Workout) e o Deportivo Liceo impulsan desde este momento un desconto para tódolos deportistas que vistan o verdibranco.
Os poseedores dunha ficha federativa do club poderán gozar dunha rebaixa do 15% nos servizos de NAW. Coidados de primeiro nivel para recuperarse dun esixente curso, vivir ó máximo o verán e regresar en forma para o que vén.
A clínica da coruñesa rúa Mestre Mateo, número 3, agarda xa a todo aquel que o desexe. Podes solicitar máis información sobre NAW en info@naw.center.