César Carballeira e Jacobo Copa irán ós World Skate Games de Italia

César Carballeira e Jacobo Copa irán ós World Skate Games de Italia

28 de xuño de 2024


César forma parte da lista de Guillem Cabestany, seleccionador do combinado español absoluto. Jacobo, por outra parte, será unha das pezas do equipo sub-19.

César Carballeira disputará os World Skate Games 2024 co combinado español. Iso decidiu Guillem Cabestany, seleccionador nacional absoluto, á hora de conformar o grupo que viaxará a Italia no mes de setembro. A competición senior masculina celebrarase do 16 ó 22 dese mes na cidade de Novara.

España está encadrada no Grupo B xunto a Italia, Francia e Chile. No A, pola súa parte, xogarán Arxentina, Portugal, Angola e Estados Unidos. A lista completa da selección é a seguinte:

Jacobo Copa, con España sub-19

Por outro lado, o recén incorporado Jacobo Copa será un dos xogadores que defenderá ó combinado español da categoría. A competición sub-19 disputarase do 8 ó 14 de setembro na mesma cidade de Novara.

Deixa un comentario