Carlos Loureiro non continuará no Deportivo Liceo

Carlos Loureiro non continuará no Deportivo Liceo

Imaxe: HOCKEY GLOBAL.

Carlos Loureiro non seguirá enrolado no Deportivo Liceo Feminino. Decidiuno así o xa antigo adestrador do equipo tras sendas conversacións co club, nas que optou por non aceptar as condicións de traballo ofrecidas. A noticia foi comunicada á directiva nas últimas horas.

O Deportivo Liceo lamenta a renuncia de Carlos, responsable do regreso do Feminino á OK Liga, á vez que lle desexa a maior das sortes nos seus futuros proxectos persoais.

A entidade traballa desde este momento para seleccionar ó seu sucesor. Mentres tanto, Noemí Uzal e Marc Godayol dirixirán ás xogadoras na súa vindeira visita ó Manlleu (sábado 13, 18:00h).

Deixa un comentario