Abonos 23/24 | Apoia ó Liceo desde Cataluña!

Abonos 23/24 | Apoia ó Liceo desde Cataluña!

17 de xullo de 2023


Os socios residentes contarán con 20 entradas para os partidos do Liceo na zona. As solicitudes realizaranse por correo electrónico e os pases repartiranse por estrita orde de chegada.

A Campaña de Abonos 23/24 do Deportivo Liceo non só é unha demostración de orgullo cara á nosa terra. Hai Liceístas en Galicia e arredor de España. Quedou máis que demostrado coa gran cantidade de visitas de afeccionados verdibrancos en cada viaxe ós pavillóns de Cataluña.

Para eles vai agora un pequeno agasallo. Nesta nova tempada, os socios do Liceo residentes en Cataluña disporán dun paquete de 20 entradas de balde para poder apoiarnos cando o equipo compita na zona.

Os pases solicitaranse vía correo electrónico a administracion@hockeyclubliceo.com e repartiranse por estricta orde cronolóxica. Corresponde unha entrada para cada socio, é dicir: unha para un carné individual e catro, por exemplo, se o solicitante conta cun carnet familiar de catro integrantes.

As peticións deberán realizarse antes das 21:00h do martes previo a cada partido, sexa este en sábado/domingo ou entre semana. As recibidas despois de prazo non poderán ser atendidas.

Faite socio!

Non existe problema algún en formalizar un carnet desde Cataluña grazas á vía online de Cluber, dispoñible no seguinte enlace: https://t.ly/_Mjo.

Lembramos as tres modalidades de carnets:

  • INDIVIDUAL: Contará cun prezo de 30€ durante os primeiros quince días da campaña. É dicir, ata o 25 de xullo (inclusive). A partir do 26 de xullo o prezo será de 40€.
  • FAMILIAR: Terá un valor de 60€ e permitirá incluir ata un máximo de catro carnets.
  • PROTECTOR: O prezo ascende a 250€ que inclúen ata cinco carnets e unha camiseta asinada por todo o plantel do Liceo.

Súmate ó Deportivo Liceo e apoia tanto en persoa como desde a distancia!

Deixa un comentario