A pretempada do Liceo comezará o xoves 3 de agosto

A pretempada do Liceo comezará o xoves 3 de agosto

28 de xullo de 2023


Están confirmados varios dos amigables que disputará o conxunto de Juan Copa.

O Deportivo Liceo 23/24 xa ten data de arranque. Será o xoves 3 de agosto, día no que Juan Copa e os seus xogadores comezarán a afrontar o novo curso.

O plantel está citado en Riazor, incluidas as novas incorporacións de Pablo Cancela, Bruno Saavedra, Tiago Rodrigues e Tomás Pereira. Completarán o equipo os veteranos do ano anterior: Martí Serra, Sito Ricart, Fabri Ciocale, César Carballeira, Dava Torres e Fran Torres ‘Tombita’.

Primeiros amigables

A planificación da pretempada xa inclúe varios compromisos. Algúns deles, como é habitual, levarán ó Liceo a terras portuguesas. Riazor tamén acollerá varios partidos.

Os encontros confirmados a día de hoxe son os seguintes:

  • 23 de agosto fronte ó Oliveirense no Pazo dos Deportes de Riazor (18:00h, hora española).
  • 31 de agosto e 1 de setembro: Oliveirense e Valongo, respectivamente. Stage en Portugal. Horarios por confirmar.
  • 8, 9 e 10 de setembro: Torneo Internacional de Famalicão (Portugal). Rivais e horarios por confirmar.
  • 17 de setembro fronte ó Rivas Hockey no Pazo dos Deportes de Riazor. Horario por confirmar.

23 de setembro para o lume real

Pola súa parte, tal e como se anunciou esta semana, a competición oficial empezará o sábado 23 de setembro coa disputa da Supercopa de España. As semifinais ante o Reus aínda non teñen horario confirmado. En caso de triunfo, o Liceo enfrontaríase o domingo 24 ben co Barça ou co Calafell.

Unha semana despois iniciará a OK Liga 23/24 coa visita do Igualada ó Pazo dos Deportes de Riazor (sábado 30, 18:00h).

Deixa un comentario