A pretempada do Deportivo Liceo comezará o 1 de agosto

A pretempada do Deportivo Liceo comezará o 1 de agosto

Imaxe: MÓNICA ARCAY.

O Deportivo Liceo volverá ó traballo o vindeiro 1 de agosto. Un luns no que comezará a preparación do curso 22/23 e a loita polo obxectivo innegociable do club: optar a tódolos títulos posibles.

Juan Copa poderá contar, a día de hoxe, con oito homes do primeiro equipo. Formarán parte do grupo os metas Martí Serra e Mati Bridge; ademáis de César Carballeira, Àlex Rodríguez, Dava Torres, Sito Ricart, Arnau Canal e Bruno Di Benedetto. O club continúa traballando nas últimas incorporacións dun equipo en fase final de reconstrucción.

Primeiros datos do calendario de amistosos

O primeiro compromiso será de máximo nivel, tal e como ocorreu nas pasadas pretempadas. O Deportivo Liceo enfrontarase ó Porto, en terras lusas, o vindeiro 18 de agosto (horario por confirmar). Dous días despois (20 de agosto) xogará contra a AD Valongo (aínda sen horario) para pechar un stage portugués que de momento conta con estes partidos.

O primeiro amigable será o 18 de agosto en Porto

A acción regresará ó Pazo dos Deportes de Riazor o xoves 25 de agosto, onde Juan Copa e os seus xogarán novamente contra a AD Valongo. O seguinte sábado 27 terá lugar a presentación oficial ante a afección, con rival e horario por tratar.

Deixa un comentario