A OK Liga continúa en Sant Hipòlit

A OK Liga continúa en Sant Hipòlit

27 de marzo de 2026


O Liceo xogará contra o Voltregà (domingo 29, 12:30h) antes de vivir un parón competitivo.

Nin sequera se cumprirá unha semana do undécimo título de Copa do Rei cando o Liceo teña que saír a patinar ó Oliveras de la Riva de Voltregà. Boa definición do duro camiño do conxunto coruñés, aínda que a ilusión no lle gaña ninguén. Non só polo recente logro na competición do KO, senón tamén polo gran rendemento que está a rexistrar na da regularidade.

Catro partidos para a conclusión da Fase

Este domingo ás 12:30h será o momento de disputar a xornada 23 de competición, dentro do total de 26 coas que conta a Fase Regular da OK Liga. Despois desta só restarán tres.

Imaxe: MANU BOUTUREIRA.

Todo isto co Liceo inmerso nunha inmellorable primeira posición grazas ós 53 puntos que acumularon ata o momento. Son cinco máis que o Barcelona (segundo) e seis máis que o Igualada (terceiro) a falta de doce por xogar. Este é o importante colchón co que todavía viven os verdibrancos despois de tres empates consecutivos contra o Noia, o Reus e o propio Igualada. Só suman, ademáis, unha única derrota en 22 partidos.

Tras xogar en Sant Hipòlit chegará un parón competitivo dunha semana debido á Copa de Nacións. Isto implica que a OK Liga non regresará para o Liceo ata o sábado 11 de abril, cando se enfrontará en Riazor ó Caldes (19:00h).

Continúa a baixa de Toni Pérez

No referente a convocatoria a única ausencia coa que deberá lidiar Juan Copa é a do xogador asturiano, ó que todavía lle faltan varias semanas para regresar á dinámica de grupo. O resto de homes do plantel estarán á total disposición do técnico, sendo os seguintes:

O Liceo conta con cinco puntos de vantaxe con respecto ó segundo a falta de doce por xogarse

  • Martín Rodríguez – Porteiro, dorsal 1
  • Blai Roca – Porteiro, 20
  • Nil Cervera – 2 – 8 goles
  • Arnau Xaus – 3 – 9 goles
  • César Carballeira – 5 – 16 goles
  • Jacobo Copa – 7 – 1 gol
  • Dava Torres – Capitán, 8 – 11 goles
  • Nuno Paiva – 11 – 13 goles
  • Bruno Saavedra – 13 – 9 goles
  • Fran Torres – 44 – 1 gol

Un Voltregà co obxectivo de afianzar o playoff

O equipo de Sant Hipòlit ocupa actualmente a sétima praza da OK Liga dentro das oito que dan pase á loita polo título. Faino con seis puntos de vantaxe con respecto ó noveno, pero as matemáticas todavía din que o Voltregà deberá loitar para asegurar a súa presenza na fase. Tamén facelo desde a mellor posición posible.

O duelo da primeira volta, sen embargo, non terminou da mellor forma para os intereses branquiazuis. A súa visita a Riazor deixou un triunfo local por 6-1 grazas ós tantos de Nil Cervera, Arnau Xaus e Dava Torres (todos con dobretes).