O Liceo voltea un 2-0 desfavorable en Maçanet grazas ós goles de Dava Torres (dobrete) e Toni Pérez.

Nada como un pouco de ADN Liceo para sumar a primeira vitoria da temporada. O conxunto dirixido por Juan Copa non viviu o guion máis sinxelo do curso na pista do SHUM, pero prevaleceu o final feliz: o dos tres puntos que por fin inauguraron o casilleiro verdibranco despois de tres xornadas de OK Liga.

Non empezou a cousa de forma precisamente positiva cando unha desafortunada acción defensiva mandou ó local Joan Picart ó punto de penalti ó correr o minuto número 12 de primeiro acto. O xogador do SHUM executou e superou a Blai Roca para darlle unha alegría ó Municipal de Maçanet. Seguiulle outra pouco despois, cando Josep Hernández (referencia goleadora dos de Jordi García) dobrou a vantaxe dos de casa. Descanso e un 2-0 que había que remediar.

Borrón e conta nova no segundo acto

Do vestuario regresou un Liceo mentalizado da súa misión, coa clara ambición de darlle a volta ó problema. Choveu menos cando Toni Pérez, ós seis minutos de segunda parte, atopou a rede do meta Jordi Pons para colocar o 2-1 provisional. E foi así, porque só dous despois chegou o empate grazas ó stick do capitán Dava Torres.

O máis difícil xa estaba feito. Xa cun pouco máis de calma, Juan Copa e os seus xogadores xestionaron entón do mellor xeito os case 20 minutos que todavía restaban de duelo. Tempo máis que suficiente para sacar cousas positivas. Tamén foi así. A falta de oito minutos, o dorsal 8 liceísta replicou o seu gol anterior para darlle a vitoria parcial e definitiva ó Liceo (2-3), posto que os ataques finais de cinco homes perpetrados polo SHUM non atoparon bo porto. Final e mente posta na visita do Rivas a Riazor (sábado 21, 17:00h).

FICHA

SHUM: Jordi Pons; Àlex Grau, Joan Picart, Lluc Sitjà, Josep Hernández (quinteto inicial), Aleix Domènech, Biel Mir, Biel Nadal, Jordi Bancells y Àlex Rovira (meta suplente).

LICEO: Blai Roca; Arnau Xaus, Edu Lamas, Dava Torres, Franco Platero (quinteto inicial), Jacobo Copa, Nuno Paiva, Toni Pérez y Eloi Martínez (meta suplente).

ÁRBITROS: Iván Martínez y Adrià Hernández. Le mostraron la tarjeta azul a Franco Platero por parte del Liceo.

GOLES: 1-0 (Joan Picart de penalti, min. 12). 2-0 (Josep Hernández, min. 17). 2-1 (Toni Pérez, min. 31). 2-2 (Dava Torres, min. 33). 2-3 (Dava Torres, min. 42).

INCIDENCIAS: Tercera jornada de la OK Liga 26/27 (Fase Regular). Pavelló Municipal de Maçanet (Maçanet de la Selva).

Últimas novas

Síguenos nas redes sociais