24 de abril de 2026
O Liceo visitará o Onze de Setembre en xornada unificada (sábado 25, 19:15h) co obxectivo de reafirmar o liderado.
Só restan dúas probas de Fase Regular e a primeira delas terá lugar no Municipal Onze de Setembre. Alí, Lleida e Liceo serán dous dos 16 equipos que xogarán á vez nesta penúltima xornada da OK Liga. Unha que será unificada e que para os verdibrancos non significa senón outra oportunidade de consolidar o primeiro posto, e incluso coa posibilidade de certificalo matemáticamente. Todo iso poderase ver en directo vía streaming grazas á plataforma OK LIGA TV.
Dous puntos de colchón con seis máis en xogo
O conxunto coruñés é agora mesmo o flagrante dominador da Fase Regular con 56 puntos, ou o que é o mesmo: 17 vitorias, 5 empates e únicamente dúas derrotas. Só dous equipos poderían alcanzalo nestas dúas datas restantes: o Barcelona (54) e o Igualada (53), que xogarán o seu partido ó msmo tempo debido á unificación.

Terminada esta proba, ó Liceo só lle quedará recibir no Pazo dos Deportes ó Alcoi. Será o venres 1 de maio, día festivo, ás 19:15h.
Baixa de Bruno Saavedra
Juan Copa no poderá contar nesta visita coa presenza de Bruno Saavedra, que no último partido ante o Caldes viu a quinta tarxeta azul. Implica sanción, polo que o dorsal 13 poderá volver a xogar a semana próxima.
De novo coa nova positiva da disponibilidade de Toni Pérez, a expedición liceísta que patinará no Onze de Setembre será a seguinte:
Bruno Saavedra será baixa por acumulación de cartóns azuis.
- Martín Rodríguez – Porteiro, dorsal 1
- Blai Roca – Porteiro, 20
- Nil Cervera – 2 – 9 goles
- Arnau Xaus – 3 – 10 goles
- César Carballeira – 5 – 17 goles
- Jacobo Copa – 7 – 1 gol
- Dava Torres – Capitán, 8 – 13 goles
- Nuno Paiva – 11 – 13 goles
- Fran Torres – 44 – 1 gol
- Toni Pérez – 57 – 11 goles
Un Lleida recentemente campión
O conxunto catalán alzouse fai unha semana no flamante vencedor da WSE Cup, aínda que agora lle tocará recuperar o chip da máxima categoría nacional. Aí atópase oitavo con 33 puntos, seis máis que o noveno e cinco menos que o sétimo. Polo tanto, a súa presenza nos playoffs polo título está prácticamente asegurada e incluso podería ser rival do Liceo en Cuartos de Final.
De todos modos, o duelo da primeira volta foi favorable ós intereses verdibrancos: un 3-1 en Riazor grazas ós tantos de Toni Pérez, Arnau Xaus e Bruno Saavedra. Por parte do Lleida anotou Darío Giménez.